FEGADACE organiza o I Foro de Familias

A Federación Galega de Dano Cerebral organiza, con motivo do Día do Dano Cerebral, o I Foro de Familias de persoas afectadas polo DCA. Esta xuntanza pretende ser un punto de reunión e diálogo sobre a problemática común, para a xeneración de propostas e a reivindicación conxunta das necesidades do colectivo.

O Foro de Familias celébrase o sábado, 27 de outubro, en Santiago de Compostela, nas instalacións do CIFP Politécnico de Santiago (Avenida Rosalía de Castro, nº 133). Conta cun amplo programa que inclúe ponencias e grupos de traballo, ademais dunha parte máis emotiva na que se entregará unha serie de recoñecementos a persoas significadas no traballo a prol do colectivo de persoas con dano cerebral.

O formulário de inscrición, que se deverá enviar cuberto ao enderezo de correo electrónico da federación, fegadace@fegadace.org, pódese descargar aquí: Formulario de inscrición.

Os horarios e contidos son os seguintes:

9:30 a 10:00
Recepción e entrega de documentación.

10:00 a 10:15
Presentación do Foro de Familias.
D. José Balboa Ayán. Presidente da Federación Galega de Dano Cerebral
Dna. Paula Prado. Concelleira de Traballo e Benestar Social de Santiago de Compostela

10:30 a  11:15
Ponencia.
D. Miguel Anxo García Álvarez. Psicólogo Clínico do Complexo Hospitalario de Santiago. Asesor  da FEDACE e especialista en Dano Cerebral Adquirido
Presenta: Dna. Luisa Nisa. Vicepresidenta de FEGADACE
Preguntas: 15’

11:30 a 12:15   
Mesa redonda: As  familias e as fases polas que temos que pasar desde a entrada nun hospital  á saída do  mesmo. Análise crítica.
D. Javier Sardiña. Psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. Hospital de Oza
(Fase hospitalaria)
Dna. Rocío  García Calvo. Directora da As. de DCA de Compostela – Sarela. Psicóloga. Neuropsicóloga responsábel do servizo de atención psicolóxica en Sarela
(Fase Subaguda)
D. Gonzalo Mira. Director-Xerente da As. de DCA de Vigo – Alento e Educador Social
(Fase de rehabilitación/crónica)
Moderador: D. Fidel Castro. Secretario de FEGADACE

12:15 a 12:30
Café – Descanso

12:30 a 13:30
Traballo en grupos:
1º A Familia e a preparación para a alta en fases hospitalaria e rehabilitadora
2º As familias e as formas de participación nas Asociacións
3º Da promoción da autonomía persoal á independencia persoal
4º A crise actual: o papel das entidades e das familias
5º Os  familiares e a súa perda de rol profesional e/ou laboral

13:30 a 14:00
Reunión dos coordinadores de grupos para o resumo de aportacións

14:00 a 15.30
Xantar e descanso

15:45 a 16:30
Exposición das conclusións dos grupos de traballo

16:45
Entrega de  recoñecementos
Xunta Directiva de FEGADACE
Dna. Patricia Toubes Navarro. Subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal

17:15
Peche
Xunta Directiva de FEGADACE
Dna. Patricia Toubes Navarro. Subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal

Como chegar ao CIFP Politécnico de Santiago:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s