Ourense acolle este mes dous obradoiros sobre DCA

Vista do CHUO, onde se celebran os obradoiros

FEGADACE organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dous obradoiros sobre dano cerebral adquirido. Estes obradoiros, que se celebran no mes de outubro, teñen por obxectivo mellorar a información social sobre esta afección e proporcionar a coidadores, familiares e afectados coñecementos para mellorar a súa calidade de vida.

23 de outubro: ‘Obradoiro de Dano Cerebral Adquirido’

O primeiro dos cursos celébrase o martes, 23 de outubro, na Aula de Docencia que se empraza no primeiro andar do Edificio Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Na primeira parte, de 16:00 a 18:00 hh., Rosa Mª Yáñez Baña (especialista en neuroloxía do CHUO) falará sobre ‘Conceptos do dano cerebral adquirido’, aportando contexto sobre o que é o DCA, as súas consecuencias, e os tipos de lesións e como afrontalas.

A segunda metade do obradoiro, de 18:00 a 20:00 hh., estará protagonizada por José Javier González Hermida (psicólogo da unidade de DCA de Ourense), que vai tratar máis en profundidade a parte das secuelas. Falará sobre os cambios que trae consigo o DCA e sobre como afrontar a situación na casa, abordando o papel da familia no proceso de rehabilitación.

A inscrición é de balde e pódese facer premendo nesta ligazón: INSCRICIÓN.

30 de outubro: ‘Obradoiro de Dano Cerebral Adquirido: Rehabilitación e Recursos’

O obradoiro centrado en rehabilitación e recursos vai ter lugar o martes seguinte, día 30 de outubro. Celebrarase na Aula de Docencia do CHUO (no 1º andar do Edificio Cirúrxico) de 16:00 a 20:00 hh.

O profesorado está intimamente relacionado con FEGADACE: van participar a psicóloga e master en neuropsicoloxía de Renacer Mª Esther Asensio Cubero, a logopeda da mesma asociación Mónica García Cortés, a traballadora social de Adace-Lugo, Vanesa Mariño, e o fisioterapeuta e licenciado en INEF Juan José Eiroa Bermúdez.

Este obradoiro está dirixido tanto a familiares como a afectados e á cidadanía en xeral. Na súa primeira sesión, de 16:00 a 19:00 hh., falarase sobre rehabilitación no DCA, atención psicolóxica, logopédica e fisioterapéutica. Na segunda sesión, de 19:00 a 20:00 hh., farase un repaso sobre os recursos sociosanitarios privados e públicos, a lei de dependencia e a tutela de persoas.

A inscrición é igualmente de balde e pódese facer a través de internet premendo nesta ligazón: INSCRICIÓN.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s