Os afectados por dano cerebral poderán facer terapia desde casa

Información tirada de ABC.

A Universidade Politécnica de Valencia (UPV) deseñou un novo sistema de telerrehabilitación para pacientes afectados por dano cerebral que lles permite facer terapia desde a casa cun plan personalizado.

O ‘BioTrak Home’ foi desenvolvido por investigadores do laboratorio LabHuman-I3BH da UPV, médicos do Servizo de Neurorrehabilitación dos Hospitais NISA Valencia al Mar e Sevilla Aljarafe e a empresa de tecnoloxía de realidade virtual Bienetec.

Segundo fontes da UPV, o sistema está implantado nos dous Hospitais do grupo NISA e permite ao paciente que se conecte desde casa levar un plan personalizado, con diferentes exercicios e descansos.

Os facultativos poden acceder aos datos para facer o seguimento da súa rehabilitación, corrixir calquera erro na realización de exercicios e informar periodicamente aos familiares da evolución do enfermo.

O módulo BioTrak Home está baseado en tecnoloxía Cloud e permite levar a cabo unha avaliación continua e a distancia da evolución dos pacientes e as súas diferentes patoloxías.

Segundo Roberto Llorens, investigador de LabHuman-I3BH da UPV, “o adestramento proporciona mellorías durante o transcurso de toda a vida do paciente e agora, unha vez os pacientes recibiron rehabilitación no seu hospital e foron dados de alta, poden seguir realizando os mesmos exercicios na súa casa”.

“Deste xeito sempre están atendidos, asesorados e cunha rehabilitación continua por parte dos médicos”, agregou Roberto Llorens.

A tecnoloxía que incorpora Biotrak Home e que usan os pacientes en casa é de baixo custo e inclúe un computador portátil que o paciente pode conectar á súa televisión, unha cámara de profundidade -“tipo Kinect”- e unha plataforma de captación de movemento -“como a tipo Wii Balance Board”- na que realiza os exercicios programados polos terapeutas diariamente.

Cando o paciente se conecta ao programa, o sistema executa o plan de exercicios que os terapeutas lle pautaron.

Unha vez terminou, os resultados son enviados á nube (servidores en Internet) e os terapeutas poden acceder aos datos para facer seguimento da súa rehabilitación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s