FEGADACE celebra este sábado o I Foro de Familias de persoas con dano cerebral adquirido

FEGADACE informou esta mañá aos medios de comunciación da celebración, o sábado, do I Foro de Familias de persoas con DCA.

A celebración do I Foro de Familias coincide coa conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, o 26 de outubro. Esta data emprégase por parte das asociacións que agrupan a familiares e afectados para concienciar sobre a súa situación e para divulgar as súas reivindicacións, especialmente en tempo de recortes aos servizos sociais, a través dun manifesto publicado pola Federación Española de Dano Cerebral.

Durante toda a xornada sucederanse ponencias sobre o dano cerebral, e tamén se contará coa participación directa dos familiares de afectados a través dunha serie de grupos de traballo. Neles trataranse asuntos como a preparación para a alta hospitalaria, as formas de participación das familias nas asociacións de afectados, a promoción da autonomía persoal, o papel das entidades e das familias no contexto da crise actual ou a perda de rol profesional e laboral dos familiares.

Ademáis, durante a apertura FEGADACE contará coa presenza da Concelleira de Traballo e Benestar Social de Santiago, Paula Prado. Na clausura sumarase ao Foro de Familias a Subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal, Patricia Toubes.

O comunicado completo pode consultarse nesta ligazón: Nota de prensa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s