Xuventude forma a máis de 550 voluntarios para que poidan prestar o seu apoio á FEGADACE

›A Consellería de Traballo e Benestar organizou o curso on line ‘Diario cerebral adquirido e ictus’ dirixido a voluntarios e voluntarias e técnicos das entidades inscritas no Rexistro de acción voluntaria de Galicia

›A actividade forma parte do Plan de Formación da área autonómica que conta este ano con 23 cursos

›A programación, que inclúe cursos básicos e especializados en diversas materias, elabórase en base ás demandas das entidades de acción voluntaria

›Hoxe conmemórase o Día Internacional do Dano Cerebral

Información extraída do gabinete de comunicación da Consellería de Traballo e Benestar.

Máis de 550 persoas seguiron a través da páxina web voluntariadogalego.org o curso en liña ‘Dano cerebral adquirido e ictus’, que organizou a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

O curso en liña tivo unha duración de 20 horas, divididas en 2 módulos principais. O obxectivo deste curso foi poder formar a unha bolsa de voluntarios que posteriormente poidan colaborar nas actividades que realiza Fegadace.

Esta actividade forma parte do plan de formación da área de voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, un documento que conta este ano con 23 cursos, dos que 14 son presenciais e 9 on line. A programación, que se elabora en base ás demandas das entidades de acción voluntaria, comprende cursos básicos e especializados en materias tan diversas como pode ser a iniciación ao voluntariado para persoas privadas de liberdade; discapacidade intelectual e calidade de vida; voluntariado ambiental e patrimonio; emprendemento e habilidades sociais; traballo coa terceira idade e acompañamento hospitalario; u orientación laboral e emprego dende a acción voluntaria.

Os cursos van dirixidos prioritariamente a voluntarios e voluntarias, así como aos técnicos das entidades que se encontren no Rexistro de entidades de acción voluntaria de Galicia, aínda que tamén están abertos á poboación en xeral.

A formación do voluntariado e os equipos técnicos á unha das áreas prioritarias dentro do Plan galego de acción voluntaria 2011-2014. O obxectivo é fortalecer a capacitación das entidades e dos voluntarios para unha contribución efectiva e de calidade na atención de temas de interese xeral.

As asociacións que engloban esta federación celebran que hoxe é o Día internacional do dano cerebral con varios actos na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago, co fin de concienciar á cidadanía da importancia de previr as causas desta enfermidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s