Cada ano 3.000 galegos sofren secuelas tras padecer un ictus

Como detectar un ictus?

Información extraída de La Voz de Galicia.

Acudir rapidamente a un hospital cando se sofre un ictus é a diferenza entre a vida e a morte ou, no mellor dos casos, entre retomar a actividade diaria con normalidade ou sufrir secuelas para sempre. Iso ocórrelle a case 3.000 galegos cada ano, que superan o accidente cerebrovascular pero arrastran despois algún problema; outros 2.000 morren cada ano por un ictus e 2.000 máis se recuperan ao cento por cento.

Hoxe celébrase o Día Mundial do Ictus e céntrase na detección precoz do accidente cerebrovascular. Un 25 % das persoas que sofren un destes problemas acoden tarde ao médico, na maior parte dos casos porque non se lle dá importancia. Desde a Sociedade Galega de Neuroloxía recórdase que en caso de perda súbita de forza nunha man ou nunha perna hai que acudir urxentemente a un hospital.

Síntomas claros

En xeral son varios os síntomas que se sofren cando unha vea ou arteria rompe (ou bloquea) no cerebro: perda brusca da forza no brazo e/ou perna dun mesmo lado; perda brusca da visión nun ollo; perda brusca da sensibilidade na cara/brazo/perna, e distínguese dunha mala postura ou doutra causa porque afecta a dúas das tres partes, ben a cara e o brazo, o brazo e a perna… sempre do mesmo lado; falta de coordinación; e problemas da linguaxe, como quedar sen fala ou articular palabras sen sentido.

Antes de ter un ictus moitas veces prodúcese o que se denomina un accidente isquémico transitorio (AIT), que ten os mesmos síntomas pero máis breves, duns minutos ou unhas poucas horas. O problema é que moitas veces isto sucede mentres un está durmido, co cal non hai constancia de ter este aviso; de non ser así, é importante acudir ao médico con urxencia.

Probas en Galicia

Para celebrar o Día Mundial do Ictus, a Sociedade Española de Neuroloxía organiza unha rede de puntos informativos e probas de prevención por todo o territorio nacional, unha iniciativa na que participan dous hospitais galegos: CHUS, de Santiago e Chuvi, de Vigo. En ambos, en horario de mañá, e identificados cun lazo laranxa, os voluntarios realizarán probas de prevención como control da presión arterial, do azucre en sangue ou ata unha ecografía Doppler para ver o estado dos vasos sanguíneos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s