O CERMI anima a mobilizarse contra os recortes de dereitos

Mobilización do movemento social da discapacidade de Cataluña a favor do emprego digno das persoas con discapacidade e contra os recortes

Extraído da web do CERMI.

O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) animou hoxe en Calpe, Alacante, a mobilizarse contra os recortes de dereitos e apoios que están sufrindo as persoas con discapacidade e as súas familias como consecuencia das políticas de axustes orzamentarios.

No marco das xornadas de convivencia de Unidade Progresista, a formación política que goberna a ONCE, o responsable do CERMI anunciou que a plataforma representativa da discapacidade preparou unha estratexia coordinada de contestación activa que dea resposta á onda de recortes e redución de recursos con destino ás políticas de inclusión que se xeneralizou en todos os territorios.

“Non imos permanecer impasibles ante este ataque aos precarios logros alcanzados ata hoxe en materia de inclusión, protección e benestar social. Os dereitos non son transixíbeis e as administracións están para garantilos, non para suprimilos”, sinalou Bueno.

“Chamaremos á mobilización cívica, colectiva e individual, das persoas con discapacidade e as súas familias e das súas organizacións para parar en seco calquera tentación de debilitar as estruturas do benestar e a inclusión. Hai moito superfluo e suntuario no que aforrar, antes de tocar as políticas de inclusión, sempre tan débiles”, indicou o presidente do CERMI.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s