“Os recortes poñen aos dependentes en dificultades sen precedentes”

Médicos e pacientes únense nun manifesto contra os axustes que “engaden máis vulnerabilidade aos máis vulnerables”

Información extraída de El País.

O Consello Social da Organización Médica Colexial emitiu un manifesto no que se queixa de que os recortes están deixando aos cidadáns dependentes e discapacitados nunha “situación de dificultade sen precedentes”. A situación de crise que segue soportando o sistema nacional de saúde, afírmase, “engade máis vulnerabilidade ás persoas máis vulnerables”. Os asinantes citan en concreto as últimas decisións do Goberno sobre a Lei de Dependencia, como é a redución nun 15% como mínimo da paga que reciben os coidadores familiares por atender aos anciáns. “Isto está tendo efectos na calidade da atención que precisan os beneficiarios así como as súas familias”.

“Non podemos admitir que ditos axustes, en moitas ocasións indiscriminados, ocasionen diminución na calidade da asistencia sanitaria e desigualdades no acceso da cidadanía aos servizos e prestacións sanitarias e sociais básicas, especialmente cando devanditos efectos recaen maioritariamente sobre os sectores de poboación máis vulnerables e indefensos”, subliñan.

O manifesto subscríbeno o Consello Xeral de Colexios Oficiais Médicos, o Foro Español de Paciente, a Coalición de Cidadáns con Enfermidades Crónicas e a Confederación Española de Organizacións de Maiores.

Os asinantes avogan por unha “efectiva coordinación sociosanitaria que aínda non se consolidou estrutural nin organicamente no sistema de saúde, o que incrementa de forma ineficiente os custos da asistencia sanitaria”. Modificar todo iso, opinan, sería necesario dado o actual perfil maioritario do paciente que acode á sanidade española: “paciente crónico, pluripatolóxico, polimedicado, maior e, en moitas ocasións, fráxil e dependente”.

Recordan que a Constitución consagra o dereito á saúde e reiteran o seu “compromiso e responsabilidade ética” cara os pacientes e a sociedade no seu conxunto “que emana do contrato social ente a profesión médica e a sociedade”. Tamén se pon ao servizo do Goberno, do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais e das comunidades autónomas para manter o modelo sanitario actual, “orgullo e ferramenta para a cohesión social”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s