Un xuíz considera accidente laboral un ictus provocado pola tensión un día festivo

Conclúe que a carga de traballo e as expectativas de ascenso provocábanlle “tensión”

Información extraída do Diario de Sevilla.

Un xuíz do Social de Sevilla considerou como accidente laboral un ictus ou derrame cerebral que sufriu un mozo de 34 anos durante un fin de semana, fóra do seu horario de traballo, e en consecuencia recoñeceulle unha invalidez permanente absoluta derivada de accidente de traballo.

O xulgado do Social número 11 de Sevilla recolle como feitos probados que o traballador, un comercial de mercadotecnia-cosultor, sufriu un “ictus ou infarto cerebral” o 20 de xullo de 2009, o que lle provocou secuelas que lle impiden desenvolver calquera actividade laboral e require a axuda de terceiras persoas. O avogado José Ignacio Bidón, que representa ao traballador, destacou este martes a importancia desta sentenza, por canto os ictus que se consideran accidentes de traballo son os que ocorren na xornada laboral e non os que suceden fóra dela ou durante o fin de semana.

Neste caso, o maxistrado recoñeceu como accidente laboral o ictus porque nos días previos ao derrame atopábase “tenso, con mareos, o que lle levou a ter que irse o venres á saída do traballo, debido aos mareos que padecía, a descansar o fin de semana a unha casa ao campo”. O traballador permaneceu en situación de incapacidade temporal ata que o 17 de novembro de 2010 a Seguridade Social denegou a incapacidade permanente por non cotizar o traballador o tempo suficiente. Fronte a esta postura da Seguridade Social, o xuíz entende que quedou acreditado que o traballo que desenvolvía o mozo provocáballe “unha gran tensión” e recorda que, segundo declarou o representante da empresa, o ritmo de traballo na mesma “era alto” e existía un proxecto para nomear director comercial a este traballador no futuro.

A irmá do traballador declarou que o venres anterior ao luns no que sufriu o ictus foise só a descansar a unha casa de campo porque non se atopaba ben, “doíalle a cabeza, tiña moito abafo ou tensión”.

Para o maxistrado, todos estes elementos conducen a deducir que “tanto a carga de traballo como as expectativas de ascenso, provocaban tensión no traballador” e ademais o único factor de risco presente era “a tensión anímica, xa que non padecía outra patoloxía, hipertensión ou outro similar”, segundo declarou o doutor que atende ao traballador, que engadiu “claramente que a tensión pode ser unha das causas desencadenantes do ictus”. O infarto cerebral produciuse a mañá do luns, xusto antes da volta ao traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s