CERMI pide que se teña en conta a discapacidade na regulación de desafiuzamentos

Información extraída de Europa Press.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) expuxo que as forzas políticas e os grupos parlamentarios teñan en conta as situacións de discapacidade, nas persoas ou nas familias, á hora de abordar a nova regulación dos desafiuzamentos de vivendas como consecuencia de execucións hipotecarias.

O CERMI considera que calquera modificación do réxime legal dos desafiuzamentos é “urxente e imprescindible” polo que se ha de ter en conta “a singular situación das persoas con discapacidade ou das familias nas que se integran para ofrecerlles unha especial protección fronte aos efectos adversos dos procesos de desafiuzamento de vivendas e aloxamentos”, segundo sinalou.

Así mesmo, o Comité expón que esta posición debe comprender non só as situacións individuais -vivendas unipersonais ou unifamiliares-, senón que ha de “abarcar e estenderse” tamén aos casos de vivendas ou aloxamentos colectivos de persoas con discapacidade, talles como pisos de apoio ou para a vida independente.

Para rematar, o CERMI indicou que “ultima un documento” de posición con propostas articuladas sobre esta cuestión que fará chegar aos grupos parlamentarios para que sexan “analizadas e tomadas en consideración” na reforma que finalmente leve a cabo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s