O Cermi propón incluír a discapacidade no ámbito do apoio ao desenvolvemento rural

Información extraída de Servimedia.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) presentou ao Ministerio de Agricultura un documento de propostas para incluír a discapacidade na fase de programación nacional de intervencións estruturais para o desenvolvemento rural, co obxectivo de que o asuma e o presente ante Bruxelas.

O obxectivo deste informe é establecer os vínculos que se poderían implantar entre as propostas dos novos regulamentos da Política Agraria Común para 2014-2020 e a Lei española para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, a fin de incluír accións orientadas á discapacidade na fase de programación das intervencións estruturais para o desenvolvemento rural en España.

Segundo o Cermi, a inclusión da discapacidade no ámbito do apoio público ao desenvolvemento rural en España vese xustificada tanto pola lexislación comunitaria como pola normativa española, especialmente nas actividades enfocadas á educación, á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación, á creación e ao mantemento do emprego, ás infraestruturas, equipamentos e servizos básicos, e á diversificación económica no medio rural.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s