Publicado un informe sobre a situación da discapacidade en época de crise

O autor do informe, Gregorio Rodríguez Cabrero

Información extraída da páxina web do CERMI.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) acaba de publicar na súa colección cermi.es un amplo informe sobre a situación da poboación con discapacidade e das súas estruturas asociativas neste momento de profunda crise social e económica.

O panorama actual, caracterizado por unha crise sen precedentes, reclama unha reflexión acerca da situación do sector social da discapacidade en España; coñecer a realidade da cidadanía con discapacidade e as súas familias, así como do movemento asociativo da discapacidade, e facer labor prospectiva acerca de cales serán os retos que deberán afrontar a medio e longo prazo.

Esta reflexión e prospectiva deben contribuír a desenvolver estratexias e tomar as medidas necesarias para asegurar que este sector de poboación goza dos seus dereitos e recibe un nivel de apoio adecuado para a súa inclusión.

O informe revela que as necesidades das persoas con discapacidade evolucionaron á vez que os avances na concepción da discapacidade que se produciron nas últimas décadas. Estes progresos son o froito da confluencia da experiencia colectiva e da crecente conciencia social de e cara ás persoas con discapacidade e as súas organizacións representativas.

Así, o modelo de consideración da discapacidade apartouse progresivamente dun enfoque médico en favor dun modelo que pivota sobre os dereitos humanos; un esquema centrado na idea da autonomía persoal e que condiciona o desenvolvemento das políticas sociais e da investigación social, que pon de relevo a crecente toma de conciencia da nosa sociedade sobre a situación de vulnerabilidade que as persoas con discapacidade e as súas familias.

Neste contexto de cambio profundo, resulta máis que oportuno publicar El sector de la discapacidad: realidad, necesidades y retos futuros, promovido pola Fundación ONCE e dirixido polo profesor Gregorio Rodríguez Cabrero, que constitúe unha aproximación valiosa á situación actual do sector da discapacidade e unha proxección das necesidades e retos que haberá de afrontar nestes tempos turbulentos ata 2020.

A investigación pretende reflexionar sobre varias cuestións, desde cales son as necesidades das persoas con discapacidade en termos de renda, emprego e servizos, e valorar o financiamento necesario para cubrir esas necesidades; ata indagar acerca das fontes de financiamento actual das entidades que forman parte do movemento asociativo da discapacidade: o momento actual e as tendencias futuras, de modo que este debate permita orientar as estratexias de acción das organizacións sociais da discapacidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s