Concurso de tarxetas de Nadal DCA-2012

FEDACE convoca un concurso de deseño de tarxetas de Nadal para persoas afectadas por dano cerebral pertencentes ás asociacións da Federación. A continuación pódense consultar as bases:

• PARTICIPANTES: Persoas afectadas por DCA que pertenzan a asociacións integradas en FEDACE.
• TEMA: O Nadal.
• AUTORÍA: Todos os traballos deberán ser realizados integramente polo autor, sen incorporar elementos alleos. Cada autor poderá presentar un máximo de 3 obras.
• PRESENTACIÓN: Debuxo sobre papel monocromo ou cor e en formato A4.
• MATERIAL: Admítese calquera tipo de material ou técnica (acuarela, collage, carboncillo…etc), exceptuando materiais de fácil desprendemento (por exemplo, purpurina) ou que non poidan ser trasladados a un formato dixital para a súa produción sinxela (por exemplo, algodón para dar sensación de relevo ou similares).
• IDENTIFICACIÓN: Os debuxos serán enviados desde a asociación á que pertenza o autor. Na parte de atrás de cada debuxo figurará o título e o nome do autor. Ademais cada asociación comunicará a FEDACE, mediante correo electrónico (comunicacion@fedace.org), a relación de debuxos presentados identificándoos co título e o nome do autor. Non se poden enviar debuxos escaneados ou fotografiados, só orixinais por correo ordinario.
• PRAZOS: Só se admitirán as obras e as comunicacións por correo electrónico entregadas en FEDACE antes do 4 decembro.
• PREMIOS: Concederase un premio consistente en material de debuxo, deseño, fotografía… por un valor de referencia de 300 €.
• XURADO: Estará formado por persoal de FEDACE, membros da Xunta e profesionais do deseño gráfico que realizan traballos para a Federación.
• A OBRA PREMIADA será editada e utilizada por FEDACE como motivo de felicitación do Nadal 2012 polo que a participación no
concurso supón a autorización expresa dos concursantes para a reprodución das súas obras sen abono de dereito algún.
• DEVOLUCIÓN DE OBRAS NON PREMIADAS: Calquera asociación que desexe recuperar as obras non premiadas enviadas, deberá solicitar a súa devolución a través de comunicacion@fedace.org antes de 15 días tras o anuncio do fallo do xurado.

Advertisements

One response to “Concurso de tarxetas de Nadal DCA-2012

  1. Pingback: FEGADACE deséxavos boas festas e feliz 2013! | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s