II Xornadas de divulgación e promoción deportiva FEDPC – CEADAC

O Centro de Referencia Estatal de Dano Cerebral Adquirido e a FEDPC colaboran na promoción deportiva entre as persoas con esta discapacidade

Información extraída de estoesdxt.es

O día 30 de novembro levarase a cabo a II Xornada de deporte para persoas con dano cerebral, dando así continuidade a esta iniciativa que tivo a súa primeira edición en decembro do 2011

As xornadas de promoción e divulgación deportiva entre as persoas e os seus familiares do Centro Estatal de Atención ao Dano Cerebral (CEADAC), nace do convenio desta entidade coa Federación Española de Deportes de Persoas con Parálise Cerebral e Lesión Cerebral (FEDPC), cuxas accións pretenden promover e dar a coñecer todas as posibilidaes deportivas de ámbito federado en calquera comunidade do territorio nacional.

A práctica deportiva ocupa unha boa parte das terapias que as persoas con dano cerebral adquirido usuarias do CEADAC reciben neste centro, dadas as numerosas vantaxes que proporcionan ao proceso de rehabilitación que alí reciben.

A colaboración entre o CEADAC e a FEDPC busca que as persoas que van terminando o seu proceso de rehabilitación no centro de referencia e estean interesados en continuar coa práctica deportiva teñan a oportunidade de seguir facéndoo e ata poder pasar ao deporte de competición a través da federación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s