FEGADACE participa na campaña de mobilizacións ‘SOS Discapacidade’

Os colectivos de persoas con discapacidade integrados no CERMI (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad), entre os que se atopa FEGADACE, vanse manifestar o vindeiro día 2 de decembro para lanzar un ‘SOS Discapacidade‘. A mobilización, de carácter estatal, vaise celebrar en Madrid, e dátase coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (o 3 de decembro).

O CERMI decidiu que a situación que atravesan as persoas con discapacidade e as súas familias, agravada pola crise económica e as decisións políticas, non deixa espazo para celebracións e si para a reivindicación. Ante “a regresión de dereitos e o debilitamiento do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzado por España”, o CERMI decidiu desenvolver unha estratexia de contestación activa encamiñada a ter máis presenza na axenda política para defender ao colectivo de persoas con discapacidade fronte aos recortes.

Con ese obxectivo vai desenvolver unha campaña que terá o seu primeiro acto central na manifestación de Madrid, e que se vai soster no tempo mentres dure a etapa máis aguda da crise. O lema da campaña vai ser ‘SOS Discapacidade. Dereitos, inclusión e benestar social a salvo. A discapacidade mobilizada’.

O programa de actividades polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade aínda se está confeccionando. FEGADACE participará activamente na campaña SOS Discapacidade, como o conxunto de asociacións de dano cerebral integradas en FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e os colectivos de persoas con discapacidade englobados no CERMI galego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s