O CERMI crea unha rede de nenas e nenos con discapacidade

Información extraída da web do CERMI.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) creou unha rede estatal de nenas e nenos con discapacidade para que a voz, as inquietudes e as propostas desta parte da infancia teñan visibilidade e cabida de modo directo na axenda política do movemento social da discapacidade.

Con esta decisión, o CERMI trata de avanzar no cumprimento do artigo 7 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, dedicado aos dereitos da infancia con discapacidade, que obriga a garantir que os nenos e as nenas con discapacidade teñan dereito a expresar a súa opinión libremente sobre todas as cuestións que lles afecten, opinión que recibirá a debida consideración tendo en conta a súa idade e madurez, en igualdade de condicións cos demais nenos e nenas, e a recibir asistencia apropiada con arranxo á súa discapacidade e idade para poder exercer ese dereito.

A Rede Estatal de Infancia con Discapacidade (RID) estará composta por nenos e nenas con distintos tipos de discapacidade, designados polas Organizacións membro do CERMI, e funcionará autónomamente, de forma que non exista mediatización por parte dos adultos na libre expresión das súas formulacións e propostas.

Esta Rede inscríbese dentro do novo marco da estrutura de apoios aos órganos de goberno e dirección do CERMI aprobada pola plataforma representativa da discapacidade para os próximos 4 anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s