O CERMI convoca unha gran marcha en Madrid para defender os dereitos da discapacidade

Baixo o lema ‘SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a salvo’

Está previsto que miles de persoas con discapacidade e as súas familias saian á rúa o próximo día 2 de decembro, a partir das 12 horas, no marco do Día Internacional e Europeo da Discapacidade (3 de decembro)

Esta estratexia activa de contestación poderase seguir en redes sociais, co hashtag #SOSdiscapacidad

Comunicado de prensa emitido polo CERMI.

(Madrid, 15 de novembro de 2012).- O movemento social da discapacidade, representado polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), que representa a máis de 4 millóns de persoas, convocou, no marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, unha gran marcha en Madrid, co obxectivo de defender os dereitos das persoas con discapacidade e as súas familias.

Baixo o lema ‘SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a salvo’, esta gran marcha pola discapacidade, que terá lugar o próximo día 2 de decembro polas rúas céntricas da capital, a partir das 12 horas, contará coa participación de miles de persoas con discapacidade e as súas familias, máis voluntarios, profesionais e simpatizantes, que se concentrarán para unirse ante a inquietante situación que atravesan, agravada pola crise e as decisións políticas de regresión de dereitos e de debilitamiento do precario nivel de cohesión e protección sociais alcanzados por España.

Con este acto cívico, o CERMI pedirá, a través da lectura dun manifesto, evitar o colapso dos sistemas e dispositivos de promoción e protección das persoas con discapacidade e as súas familias.

Esta estratexia activa de contestación ‘SOS Discapacidade’ manterase mentres perdure o máis agudo desta crise, iniciando a súa andaina en vésperas do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, en defensa da inclusión, os dereitos e a cidadanía.

O CERMI é a plataforma unitaria estatal de representación das persoas con discapacidade que na sociedade civil engloba a máis de 7.000 asociacións e entidades, que traballa para lograr unha inclusión plena dunha realidade presente no 10% da poboación, os máis de catro millóns de persoas con discapacidade que hai en España. O noso obxectivo é conseguir o recoñecemento dos dereitos e a plena cidadanía e a igualdade de oportunidades deste grupo social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s