As Asociacións de Vítimas de Accidentes de Tráfico, unidas contra as novas taxas xudiciais

Alarmados pola introdución dun requisito económico para reclamar indemnizacións por parte das vítimas dun sinistro

Esiximos que nas exencións a esta taxa xudicial se inclúan aqueles procesos e vítimas de accidentes, que reclaman dereitos de indemnización

Comunicado publicado na web de FEDACE.

As asociacións de vítimas de accidentes de tráfico consideramos que o Proxecto de Lei polo que se regulan determinadas taxas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses (121/000018) afecta a un dereito fundamental, como é o dereito á tutela xudicial efectiva e o acceso á xustiza por parte dos cidadáns.

Máis alá da preocupación xeral que nos esperta a introdución dunha taxa xudicial, que na práctica suporá para os cidadáns con menos recursos económicos un obstáculo para acudir á tutela de xuíces e tribunais, cáusanos verdadeira alarma a introdución deste requisito económico, para reclamar indemnizacións por parte das vítimas de sinistros de tráfico e os seus familiares.

Para pór un exemplo, nun suposto en que unha familia deba presentar unha demanda civil para reclamar unha indemnización de 1.200.000 euros, pois o seu fillo sufre unha paraplexía ou un dano cerebral moi grave como consecuencia dun accidente de tráfico e se queda aprobado este proxecto de Lei, esta familia terá que pagar por adiantado, para poder presentar a demanda, unha taxa fixa de 300 euros, máis unha taxa variable de 5.500 euros (% en función da contía), o que suporá unha importante traba para moitas familias.

Se logo dunha primeira Sentenza se quixese apelar, teríase que volver pagar unha taxa fixa de 800 euros, máis a mesma taxa variable de 5.500 euros, o que suporía unha ruína para calquera familia.

Se a iso engadimos a anunciada reforma do Código Penal, onde de Ministerio de Xustiza formula a supresión das ‘faltas’, que podería afectar tamén a un importante número de accións penais como consecuencia de accidentes de tráfico, atoparemos que as vítimas deberán acudir á xurisdición civil, debendo abonar unhas taxas que na práctica supoñen unha traba económica e pode limitar o exercicio dos seus dereitos.

Ante iso e como representantes das asociacións de vítimas de accidentes de tráfico e de prevención de accidentes, pero fundamentalmente coa intención de garantir a futuras vítimas o seu dereito á tutela xudicial efectiva no exercicio dos seus dereitos e reclamación de indemnizacións, solicitamos que no artigo 4 dese Proxecto de Lei, ao establecer as exencións á taxa, se inclúa ben unha exención obxectiva (art 4.1) para os “procedementos polos que se reclamen indemnizacións polos danos e prexuízos sufridos con ocasión de accidentes de circulación”, ou ben unha exención subxectiva (art 4.2) quedando exentas do pago da taxa “as vítimas dos accidentes de circulación e familiares que reclaman dereitos indemnizatorios derivados do sinistro”.

Se queremos unha sociedade xusta non se poden limitar os dereitos das vítimas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s