Sarela participa no partido solidario da S.D. Compostela

Formación do equipo da SD Compostela

Información extraída da web de FEAFES Galicia.

O 29 de decembro (16.30 horas – San Lázaro) foi a data elixida para a celebración dun encontro solidario entre a SD Compostela e un combinado de xogadores galegos pertencentes aos clubs de Primeira (Celta e Deportivo), Segunda (Lugo), Segunda B (Ourense, Coruxo) e Terceira División de Galicia. Fernando Vázquez será o encargado de dirixir o grupo mixto nos bancos.

Este partido será o colofón aos actos conmemorativos do 50º aniversario. O Compos renderá homenaxe ao seu medio século de vida á vez que busca apoiar as diferentes entidades benéficas coas que o club colabora. Así, a Esedé fará entrega de toda a recadación que se consiga a varias agrupacións da cidade. As asociacións participantes son: FEAFES Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental); COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade); Fundación Andrea; Asociación de dano cerebral Sarela; Xuntos Podemos; Proxecto Home e Compostela Down.

A directiva da SD Compostela, con Antonio Quinteiro á cabeza, reuniuse cos representantes das asociacións citadas para concretar a organización do evento deportivo. A data elixida responde ao parón ligueiro de todas as categorías de fútbol co fin de convocar a futbolistas galegos de renome e atraer a un bo número de público a San Lázaro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s