Dez alimentos esenciais para previr o ictus

Información extraída de El Diario Montañés.

Por José Enrique Campillo, médico, Catedrático de Fisioloxía e experto en nutrición alimentación.

Recentemente celebrouse o día mundial de ictus ou accidente cerebral, que en España é a segunda causa de morte e a primeira en mulleres. Segundo os datos ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o ictus ou accidente cerebrovascular afecta cada ano a entre 120.000 e 130.000 españois e, destes, entre 10.000 e 15.000 son menores de 55 anos.
Tres son as medidas fundamentais para previr esta falta de rega ao noso cerebro: estilo de vida máis saudable, exercicio físico diario e alimentación sa. Hoxe imos comentar o decálogo dos alimentos que non poden faltar na nosa dieta xa que se comprobou cientificamente que exercen algún efecto positivo atrasando ou evitando o ictus.
1. As améndoas e as noces. Ademais doutros nutrintes saudables, estes froitos secos conteñen graxas beneficiosas e antioxidantes.
2. As mazás. Un estudo de case 30 anos de duración concluíu que os que máis mazás comen son os que menos risco teñen de sufrir ictus. Os fitonutrintes presentes nas mazás xa se asociaron a un menor risco cardiovascular e doutras enfermidades.
3. A canela. Comprobouse que media cucharada de canela diaria exerce efectos beneficiosos no control do colesterol e a glucemia. Tamén mellora a presión arterial e reduce a coagulabilidade do sangue.
4. As fariñas integrais. Cambiar as fariñas brancas por fariñas integrais axuda a reducir os niveis de colesterol. A fibra presente nas fariñas integrais evita que aumente moito a glucosa en sangue, o que evita ou mellora a diabetes.
5. O peixe. As persoas que toman polo menos 100 g de peixe azul dous ou tres veces por semana reducen o seu risco de ictus nun 30%. Isto débese a que contén graxas omega-3, que evitan a formación de trombos.
6. As fresas. Son moi ricas en fitoquímicos, vitamina C, fibra e potasio. Apenas un bol pequeno de fresas achega o 10% de potasio recomendado ao día. O potasio axuda a controlar a tensión arterial, un dos principais factores de risco do ictus.
7. O té. Un estudo de 15 anos de duración demostra que beber varias cuncas de té negro ou verde reduce o risco de padecer ictus. O segredo está nos seus flavonoides, fitoquímicos con capacidade antioxidante que reducen o risco de formación de trombos.
8. O chocolate negro. Ademais de magnesio, o chocolate negro (rico en cacao e escaso en azucre) é unha excelente fonte de flavonoides antioxidantes.
9. Os tomates. O pigmento licopeno reduce a capacidade de coagulación do sangue e evítase a formación de trombos. Un dato importante: a salsa de tomate natural contén máis licopeno que os tomates frescos.
10. As uvas brancas ou negras. En forma de mosto sen alcol e ata como viño, as uvas reducen os niveis de colesterol e a capacidade agregante das plaquetas, polo que reduce as probabilidades de que se formen trombos capaces de obstruir as arterias cerebrais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s