Investigan a implantación de biomateriais poliméricos para a neurorrexeneración de zonas con dano cerebral

Información extraída de Europa Press.

O profesor José Miguel Soria, membro do Instituto de Ciencias Biomédicas da Universidade CEU Cardenal Herrera de Valencia, codirixiu xunto ao profesor da Universitat Politécnica de Valencia Manuel Monleón un estudo sobre a compatibilidade de biomateriais poliméricos no cerebro e a súa efectividade para favorecer a neurrexeneración en zonas con algún tipo de dano ou lesión cerebral.

Esta investigación, realizada ‘in vitro’ e mediante a implantación no cerebro de ratas adultas, demostrou que este tipo de implantes, fabricados cun material sintético biocompatible, son colonizados en dous meses por células neuronais proxenitoras ou neuroproxenitoras e irrigados por novos vasos sanguíneos.

Isto permite a xeración, dentro destas estruturas, de novas neuronas e glia, capaces de reparar un tecido cerebral lesionado, por un traumatismo, un ictus ou unha enfermidade neurodexenerativa, entre outras causas, segundo explicou o CEU nun comunicado.

As estruturas sintéticas empregadas neste estudo, deseñadas con canles aliñadas, foron fabricadas cun material polimérico poroso e biocompatible, o copolímero de acrilato. Nunha primeira fase do estudo, as estruturas foron estudadas in vitro mediante a súa implantación en tecido neuronal, e, posteriormente, tamén in vivo, ao implantarse en dúas zonas do cerebro de ratas adultas, a cortiza cerebral e a zona subventricular, o principal nicho neuroxénico do cerebro adulto e fonte máis importante de xeración de células nai neuronais adultas.

No estudo ‘in vitro’ estes implantes sintéticos demostraron a súa viabilidade para ser colonizados por células neuronais proxenitoras ou neuroproxenitoras en só dous meses. No posterior estudo in vivo, as estruturas implantadas no cerebro de ratas adultas mantiveron a continuidade co tecido neuronal ao seu ao redor, cunha cicatrización mínima, sendo colonizadas por células gliais, na cortiza cerebral, e por neuronas, na zona subventricular.

Ademais, observouse como os poros do material biosintético implantado foron tamén colonizados por novos vasos sanguíneos, co que, ademais da neuroxénese, estes implantes favoreceron tamén a anxioxénese, é dicir, a xeración de novos vasos nos tecidos, un elemento imprescindible para a súa rexeneración.
Rexeneración no cerebro adulto

O estudo permitiu confirmar a alta biocompatibilidade dos materiais poliméricos, como o copolímero de acrilato, co tecido cerebral e abren novas posibilidades sobre a eficacia da implantación destas estruturas no cerebro, buscando a súa localización óptima para o desenvolvemento de estratexias rexenerativas do sistema nervioso central.

Ademais, os resultados obtidos son, segundo os organizadores, “especialmente relevantes” se se ten en conta que no cerebro adulto a capacidade de neurorrexeneración é máis limitada que nos individuos novos e que o principal impedimento para esa neurorregeneración é a falta de revascularización do tecido danado, que o biomaterial polimérico estudado demostrou favorecer.

O estudo, titulado ‘Channeled scaffolds implanted in adult rat brain’, foi publicado no Journal of Biomedical Materials Research. O profesor Soria, do Departamento de Ciencias Biomédicas da CEU-UCH, asina este estudo xunto aos investigadores Manuel Monleón Pradas, como co-director, Cristina Martínez Ramos, Ana Vallés Lluch, Amparo Baiget Orts e José Luís Gómez Ribelles, do Centro de Biomateriais da Universidade Politécnica de Valencia; José Manuel García Verdugo, do Instituto Cavanilles da Universitat de València; e Juan Antonio Barcia Albacar, do Hospital Clínico San Carlos de Madrid.

Para este traballo, estes autores contaron coa colaboración dos investigadores Alberto Hernández Cano e Eva María Lafuente Vilarreal, do Centro de Investigación Príncipe Felipe (CIPF) de Valencia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s