#SOSDiscapacidade – Dano Cerebral Adquirido: aínda máis difícil

Información extraída da web de FEDACE.

O próximo 2 de decembro participaremos nunha marcha convocada polo CERMI para manter as conquistas conseguidas no terreo do social durante os últimos anos. A crise económica cae con máis forza sobre os sectores sociais máis vulnerables. O impacto da crise e do desemprego é aínda máis evidente en familias nas que existe a discapacidade; familias que xa presentan cotas de pobreza e de exclusión social ata en tempos de bonanza económica.

Non se poden permitir os recortes en discapacidade: as entidades do terceiro sector son as únicas que seguen prestando servizos de apoio ás familias; e os recortes están provocando que a situación sexa insostible e se provoque o desmantelamento destes recursos. As consecuencias disto son impredicibles para as persoas con discapacidade e as súas familias.

Hai moitos máis motivos para secundar esta marcha e acompañarnos o 2 de decembro. Na web do CERMI resúmense, expresando claramente que a convocatoria non pretende menoscabar a interlocución alcanzada ata o momento cos poderes públicos, nin debilitar o nivel de cohesión e unidade do sector social da discapacidade representado polo CERMI.

A continuación, exemplos de como están afectando os recortes; en concreto ao sector do dano cerebral.

La Opinión de A Coruña. Membros da Asociación de Dano Cerebral da Coruña denunciaron a situación de máxima precaridade dos seus familares tras os recortes que exerceu o goberno sobre a Lei de Dependencia. Os afectados por dano cerebral e os seus familiares xa eran antes un colectivo con moitas dificultades: escaseza de recursos, falta de información, dificultade de acceso a unha rehabilitación adecuada… Estes recortes non fan máis que agravar a situación das persoas con dano cerebral, que non poderán acceder a servizos específicos de DCA, co que se corre o risco de que as súas secuelas se agraven e se afonde no illamento social ao non recibir a atención necesaria.

AMADE. Durante o mes de agosto, o SAAD deixou de atender a 5.000 dependentes. Segundo a Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, a este ritmo de recortes aforraranse 2.800 millóns de euros en dous anos; pero deixarase de atender a 60.000 persoas en só un ano.

Adacea. Pola súa banda, a asociación de dano cerebral ADACEA – Xaén denunciou tres meses de débeda por parte da Administración e un recorte do 12% na subvención.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s