Os discapacitados bótanse á rúa

SOS Discapacidade - grande

 

O colectivo marcha cara a Madrid contra os recortes e unha débeda de 300 millóns das administracións

Un 20% dos centros de atención, ao bordo do peche, segundo o CERMI

Información extraída de El País.
As persoas con discapacidade sacan o seu malestar á rúa, ese lugar que adoita estar cheo de obstáculos para elas. A primeira convocatoria dunha manifestación masiva, fixada para o domingo en Madrid, busca denunciar a “situación insostible” que atravesan polos recortes derivados da crise económica. Afírmao Luís Cayo Pérez Bueno, presidente da entidade que convoca a marcha, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, CERMI -agrupa a máis de 7.000 entidades-. Asegura que as administracións autonómicas deben ao sector polo menos 250 millóns de euros, e os concellos, outros 50 por dous anos de falta de pagamentos. “Se na época de bonanza xa o pasabamos mal, coa crise estamos aínda peor”, puntualiza.

Polo menos 300 autobuses trasladarán a Madrid a unhas 15.000 persoas, segundo fontes da organización. Na marcha, convocada co lema ‘SOS discapacidade. Dereitos, inclusión e benestar a salvo’, está prevista a presenza de cidadáns con distintas discapacidades, incluída a medallista paralímpica Teresa Perales. Esta iniciativa tivo un prólogo na Comunidade Valenciana: a marcha de nove días e 200 quilómetros de 15 traballadores sociais para protestar contra falta de pagamentos e recortes. Onte, o presidente das Cortes Valencianas, Juan Cotino, ordenou desaloxar da tribuna de invitados aos representantes das entidades e centros que lanzaron berros de protesta, informa Adolf Beltran. “Cando imos cobrar?, por que cobra vostede e eu non?”, escoitouse.

“Os 300 millóns de débeda viva derivan da prestación de servizos, subvencións e das axudas en salarios para os centros especiais de emprego, nos que a Administración paga a metade do salario mínimo de cada traballador”, detalla Pérez Bueno. Este mércores reuniuse cos ministros de Facenda, Cristóbal Montoro, e de Sanidade e Servizos Sociais, Ana Mato, para abordar a situación. Comprometéronse a que, na segunda partida do Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) “18.000 millóns na primeira e 23.000 o ano que vén”, se poida incluír o pago de subvencións á discapacidade, di o presidente do CERMI.

Aínda que segundo os ministerios o Goberno destinou xa “339 millóns de euros ao pago de concertos de servizos sociais a través do FLA”, Pérez Bueno asegura que a débeda coa discapacidade segue practicamente intacta. “Os servizos sociais son moito máis que a atención á discapacidade”, matiza. Ademais, as comunidades deben dedicar o fondo de rescate en primeiro lugar a saldar a súa débeda financeira, logo a pagar intereses e despois, a provedores. Aí é onde o Goberno inclúe os 339 millóns en facturas por servizos sociais correspondentes a Andalucía, Castela-A Mancha, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana, as primeiras en beneficiarse do FLA. A falta de pagamentos son especialmente relevantes nas comunidades que pediron o rescate “ás que se sumaron Asturias, Baleares, Canarias e Cantabria”. Pero tamén en Castela e León e Madrid. Pérez Bueno só salva a País Vasco, Cataluña, A Rioxa e Aragón.

“A débeda fai a nosa situación insostible porque ten impacto no emprego, que xa é baixo, e na desaparición de servizos que son esenciais para ter unha vida digna”, asegura o presidente do CERMI. “O 20% dos centros de atención a persoas con discapacidade están en perigo de peche inminente”, concreta. Caería a atención e, tamén, o traballo, un ben especialmente escaso nun grupo de poboación amplo. Aínda que se calcula que en España hai 3,8 millóns de pesonas con discapacidade, só 1.179.900 entre 16 e 64 anos dispón dun certificado que o acredita. Deles, menos dun terzo están laboralmente activas, segundo o INE.

situacionlaboraldiscapacidade
As persoas con discapacidade padecen outro axuste: o da Lei de Dependencia. “Ten impacto enorme na rebaixa de atención”, afirma Pérez Bueno. A iso súmase a “práctica desaparición” da obra social das caixas de aforro, que achegaba “ata o 20% do financiamento da discapacidade”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s