Dúas emisoras de radio entrevistan a Alento sobre os recortes que sofren

furgonetaalento

A asociación de dano cerebral de Vigo, Alento, explicou onte e o venres pasado na radio os problemas que afronta, cun recorte dun 64% das subvencións en catro anos, para proporcionar atención a todos e todas as afectadas do centro. O director-xerente de Alento, Gonzalo Mira, foi entrevistado o venres no prorgrama da Cadena Ser Hora 14, e onte pola mañá en Gestiona Social, da emisora Gestiona Radio. Mira relatou a delicadeza da situación que vive a súa entidade ante o descenso do orzamento, xa que “non hai nin se espera que haxa” recursos para a atención integral que precisan as persoas afectadas por dano cerebral.

Máis en concreto, referiuse ao caso de cinco persoas afectadas que son inmigrantes ilegais ou en proceso de regularización, para as que a situación é crítica. Mira explicou como tiveron que acudir á beneficencia para buscar teito, comida e medicamentos para unhas persoas sen ningún tipo de recursos, ás que, en Alento, lles proporcionan a rehabilitación integral.

O informativo da Cadena Ser pode descargarse premendo nesta ligazón: Hora 14.

O programa Gestiona Radio está integramente pendurado nesta ligazón: Gestiona Social. A entrevista a Gonzalo Mira pode oírse desde o minuto 30.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s