Vinte colectivos claman en Vigo contra os recortes en dependencia

Concentración contra os recortes en Vigo

Concentración contra os recortes en Vigo

Denuncian ante o Marco o “estado de urxencia” no que deixan ao sector

Convocados pola Plataforma de Accesibilidade Solidaria de Vigo (PASO), da que fai parte Alento

Información extraída do Faro de Vigo.
A. BLASCO. No Día Internacional da Discapacidade, as asociacións viguesas englobadas neste sector non estaban para celebracións. Os recortes do Goberno empuxaron a estes colectivos a cambiar as tradicionais actividades festivas coas queconmemoraban a sinalada data por actos reivindicativos. Así, máis dun centenar de afectados, familiares e profesionais manifestáronse onte ás portas do Museo de Arte Contemporánea (Marco) en protesta por unhas medidas que, advirten, poñen en perigo os avances en inclusión social logrados nos últimos cincuenta anos.

Baixo o lema ‘Que non nos quiten a voz’ e convocados pola Plataforma de Accesibilidade Solidaria de Vigo (PASO), concentráronse afectados por autismo, síndrome de Down, Alzhéimer, parálise cerebral ou esclerose múltiple, entre outros. En total, unha vintena de asociacións que quixeron dar a coñecer á cidadanía o “estado de urxencia” no que vive o sector, así como a necesidade de recibir “respostas inmediatas”.

“A parte de privar ás familias de recursos ao reducir nun 15% as pagas aos coidadores e retirarlles a cotización da Seguridade Social, a Administración tamén se atrasa nos pagos comprometidos coas asociacións. Non aguantamos máis”, critica Carmen Vilaboa, portavoz de paso, e destaca que o deterioro dos seus dereitos non acaba aí: “Sufrimos os mesmos problemas que todo o mundo, como no copago farmacéutico; pero ademais temos os nosos propios, como que agora teremos que custearnos as cadeiras de rodas (dun prezo medio de 6.000 euros) e os desprazamentos en ambulancia ou que xa non disporemos de coidadores especiais nos colexios públicos”.

Para Vilaboa, con estas medidas estanse indo ao traste décadas de loita para elevar o nivel de vida das persoas con discapacidade” e aventura que “este retroceso global retrotraerá a situación a niveis dos anos 60”.

O BNG, presente na concentración, sinala ao Partido Popular como culpable desta situación e cualifica de “desvergoña” medidas como a diminución das axudas aos coidadores. O portavoz local dos nacionalistas, Santiago Domínguez, acusou de “insensibilidade” ao PP por adoptar decisións que “están desaloxando da sociedade real ás persoas menos favorecidas”.

O manifesto final pódese ler nesta ligazón: 2012-12-03_Manifesto_PASO

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s