As asociacións de FEGADACE participan en mercadiños solidarios polo Nadal

Obradoiro de manualidades na asociación Alento, en Vigo

Obradoiro de manualidades na asociación Alento, en Vigo

As asociacións que compoñen FEGADACE participan e promoven durante este mes unha serie de mercadiños solidarios nos que van expoñer e vender os materiais elaborados polas persoas afectadas nos obradoiros nos que participan a diario.

Renacer

A asociación de dano cerebral de Ourense, Renacer, organiza o seu propio mercadiño benéfico. Vai estar situado na Alameda (Avenida de Pontevedra) ourensá o vindeiro martes, día 11, e mércores, 12 de decembro. O horario será de 10:30 a 20:30 hh., e teñen previsto vender roupa, calzado, complementos e outros obxectos que recibiron a modo de donación. Todo o diñeiro recaudado vaise empregar para realizar actividades na asociación.

Ademais, a asociación dispón de un punto de venda das manualidades que os afectados e afectadas elaboran nos seus obradoiros no mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos. Alí expoñen o material e ofrecen un folleto explicativo sobre o dano cerebral.

Alento

Pola súa banda, os afectados e afectadas de Vigo, asociados en Alento, van participar en dúas feiras solidarias. A primeira delas, De Boa Man, celébrase do 11 ao 14 de decembro. Os postos pódense visitar de 10:00 a 20:00 hh. na viguesa rúa do Príncipe. Este mercado expón e vende artesanía de diferentes asociacións que atenden a persoas con discapacidade. Ao rematar De Boa Man, Alento embárcase noutro mercadiño, que durará do 14 de decembro ao 5 de xaneiro, desta vez ubicado no Centro Comercial Plaza Elíptica, tamén en Vigo.

Alento conta ademais cun punto de venda nas súas propias instalacións, desde as que distribúen o calendario solidario que editaron xunto cos conductores de Vitrasa (autobuses urbáns de Vigo).

Adace

A asociación de dano cerebral de Lugo, Adace, participa na feira de artesanía solidaria Diversiarte. Esta vai ter lugar os días 12, 13 e 14 de decembro no fondo da Praza Maior, en Lugo. O mercadiño está organizado polo concello e nel parcipan máis de vinte entidades, entre as que se conta Adace.

Sarela

Sarela, a asociación de dano cerebral de Santiago, organiza unhas ‘Xornadas de sensibilización na comunidade’ os días 18 e 19 de decembro que tamén inclúen a exposición e venda de artesanía, ademais de información e divulgación sobre o dano cerebral. Van participar profesionais, voluntarios e afectados por dano cerebral, vendendo o material elaborado nos obradoiros de manualidades do centro. O posto poderase visitar de 16:00 a 21:00 hh. no Centro Comercial As Cancelas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s