Coñecendo o ictus, a segunda causa de morte en España

 

Os ictus son infartos cerebrais (o 80%) e derrames cerebrais (o 20%)

Os factores de risco son moi parecidos aos do infarto de corazón e aparecen, cada vez máis, en xente máis nova

A mortalidade e os trastornos que provoca pódense paliar actuando a tempo

Información extraída de 20 minutos.
É a segunda causa de morte no noso país, a primeira entre as mulleres. Chámase ictus, palabra que agrupa a dous sucesos extremos que pode sufrir o noso cerebro: un infarto ou un derrame. O ictus afecta cada ano a 130.000 españois; 300.000 persoas sofren algunha limitación nas súas funcións por mor dun ictus. O 29 de outubro é o Día Mundial do Ictus.

É tamén a segunda causa de demencia despois do alzhéimer e primeira causa de dependencia nos adultos. O ictus é unha enfermidade do cerebro producida por un trastorno da circulación do sangue. Existen dous tipos:

Infarto cerebral
Unha arteria do noso cerebro queda ocluída por un trombo e unha zona do mesmo queda sen rega sanguínea. Corresponde ao 80% dos ictus. Se non se desobstrúe esa arteria entre 3 e 8 horas, producirase unha lesión cerebral.

Derrame cerebral
Unha arteria dentro do noso cerebro rompe deixando saír gran cantidade de sangue e danando ao cerebro. Corresponde ao 20% dos ictus. A recuperación depende do tamaño da lesión, a zona na que se produciu e da velocidade de acción con que o neurólogo poida tratar ao paciente.

Factores de risco e síntomas
Os factores de risco son moi parecidos aos do infarto de corazón e aparecen, cada vez máis, en xente máis nova. “Os casos por baixo dos 55 eran a excepción e só relacionados con enfermidades conxénitas, pero aumentaron os casos na franxa de 35 a 55 anos pola obesidade, o tabaco, o colesterol alto, o sedentarismo, a tensión ou a hipertensión” asegura o doutor Jaime Masjuan Vallejo, coordinador do grupo de estudo de enfermidades cerebrovasculares da Sociedade Española de Neuroloxía.

Saber recoñecer os síntomas dun ataque cerebral, cando ocorre, é crucial para paliar os seus danos. “Sensación de que se che dorme a cara, deixar de falar, farfullar, caer os obxectos da man; se isto ocorre de modo repentino, é moi problable que esteamos sufrindo un ataque cerebral e necesitamos atención médica urxente”, afirma o doutor.
Unidades de ictus

O avance do tratamento con unidades específicas de ictus, conseguiu que tanto a mortalidade como as secuelas diminúan. Trátase de unidades especializadas de coidados intermedios, dirixidas por neurólogos, onde os pacientes con calquera tipo de ictus ingresan durante os primeiros tres días.

Aí comeza a rehabilitación e pasa a planta para investigar por que se produciu o ictus. A mortalidade baixou en cifras globais un 10% nos últimos anos tanto por unha mellor prevención como por un mellor tratamento. Con todo faltan unidades deste tipo.

Segundo Masjuan, “existen 46 unidades e farían falta 80 para poder chegar a toda a poboación”. Cada ictus custa 10.000 euros por paciente só durante os 10 días de hospitalización.

O lazo laranxa quere converterse, no Día Mundial do Ictus que se celebra o 29 de outubro, no novo símbolo que chame a nosa atención sobre unha enfermidade tan descoñecida como común.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s