CERMI: o copago no transporte sanitario é “unha barreira máis” para as persoas con discapacidade

ambulancia

Información extraída de Europa Press.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) expresou o seu “rotundo rexeitamento” e “oposición absoluta” ao anuncio do Goberno e comunidades autónomas sobre a posibilidade de implantar o copago para o uso de transporte sanitario non urxente, unha medida que, ao seu xuízo, supón “unha barreira máis” para o acceso á atención sanitaria e aos coidados de saúde das persoas con discapacidade.

Por iso, o CERMI pediu que aquelas persoas con discapacidade oficialmente recoñecida, con enfermidades crónicas ou que necesitan atencións de saúde prolongadas no tempo queden exentas de calquera tipo de achega económica na prestación de transporte sanitario, sexa urxente ou non, ao pór en perigo a continuidade dos tratamentos e comprometer o dereito á saúde.

A institución subliña que, para moitas persoas con discapacidade, o transporte sanitario “é o único” que garante os desprazamentos entre o domicilio e os centros de saúde e os hospitais, ao non contar o transporte público coas condicións de accesibilidade necesarias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s