As Cancelas acolle desde mañá as ‘Xornadas de sensibilización na comunidade’ de Sarela

Imaxe dunha edición anterior das xornadas de Sarela.

Imaxe dunha edición anterior das xornadas de Sarela, na Alameda de Santiago

As actividades desenvólvense mañá e pasado e inclúen un mercadiño

O Centro Comercial As Cancelas acollerá a 13ª edición das Xornadas de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, organizadas por Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela. Estas xornadas desenvolveranse os días 18 e 19 no novo centro comercial, en horario de 16 a 21 horas, e incluirán un mercadiño de pezas de artesanía realizadas con materiais elaborados polas persoas con dano cerebral adquirido na actividade de manualidades.

Nas xornadas participarán voluntarios e técnicos de Sarela, así como persoas usuarias do centro de día da asociación e familiares. Entre todos responderán ás preguntas e consultas sobre calquera dos ámbitos de traballo da asociación que os visitantes do centro comercial lles queiran formular.

Estas xornadas pretenden ser un punto de encontro formativo e informativo para sensibilizar á sociedade sobre a problemática do dano cerebral adquirido (DCA). Tamén se persegue dar a coñecer o labor da asociación e chamar a atención sobre a necesidade de previr o ictus e os accidentes de tráfico e laborais, que son as principais causas do dano cerebral.

Verbo de Sarela

Sarela ten como misión a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e a dos seus familiares O seu ámbito de traballo é a área sanitaria de Santiago de Compostela. A asociación foi constituída no 2000 por un grupo de familiares de persoas con DCA, que procuran apoio mutuo ao constatar a carencia de recursos públicos para a atención desta discapacidade. Sarela forma parte da Federación Galega de Dano Cerebral e da Federación Española de Daño Cerebral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s