Aspace Cantabria e o CSIC traballan nun dispositivo que mellorará a mobilidade de persoas con DCA

cadeiras

Xunto coa Obra Social de Caja Cantabria

Un sensor detectará os movementos da cabeza do paciente para indicar dirección e traduciraos en ordes para a cadeira

Información extraída de Europa Press.

Aspace Cantabria, a Obra Social de Caja Cantabria e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) traballan no deseño dun dispositivo que recoñece os movementos de cabeza das persoas con parálise cerebral, discerne aqueles que son voluntarios para indicar dirección e tradúceos en ordes de movemento das cadeiras que usan para desprazarse.

Este proxecto, denominado ‘Ivanpace’, cuxas actividades foron presentadas este martes nunha xornada de traballo na sede de Aspace Cantabria, usou tecnoloxía inercial a través dun sensor do tamaño de apenas unha caixa de mistos que se pon en contacto coa cabeza da persoa con parálise cerebral cunha diadema, “caracteriza” os movementos, distinguindo entre aqueles voluntarios dos involuntarios, e tradúceos nunha orde para a cadeira.

Segundo explicaron na presentación, trátase dun proxecto pioneiro que se atopa nunha fase “bastante inicial” e nestes momentos aínda se está traballando con prototipos, polo que non está en fase de fabricación e comercialización.

Unha vez desenvolvida este tipo de tecnoloxía, os membros de Aspace terán de forma prioritaria acceso a esta tecnoloxía.

O presidente do CSIC, Ramón Ceres, explicou que xa existían con anterioridade algúns interfaces que permitían converter en ordes os movementos de cabeza pero destacou que con este proxecto, no que traballa o investigador do CSIC Rafael Raya, dáse un “salto”, que é a caracterización do movemento e a separación dos movementos voluntarios e involuntarios.

Pola súa banda, o director de Aspace Cantabria, Antonio Ruiz, sinalou que con este proxecto búscase mellorar a interacción da persoa con dano cerebral coa súa contorna, mellorando a súa madurez e desenvolvemento, sobre todo dos máis novos.

O presidente de Aspace a nivel nacional, José Manuel Cruz, resaltou a “necesidade” de que este tipo de proxectos para mellorar as vida das persoas con parálise cerebral “poidan seguir desenvolvéndose”.

Neste proxecto, para o que a Obra Social de Caja Cantabria achegou 120.000 euros, o presidente de Caja Cantabria, Eduardo Zúñiga, subliñou a importancia que, ao seu xuízo, debe ter conxugar a acción social coa innovación e o desenvolvemento como ocorre con ‘Ivanpace’.

Ao seu xuízo, o I+D permite abrir “novos horizontes” na atención social e eliminar os “factores de risco” de exclusión social das persoas discapacitadas.

Á presentación, tamén asistiu a directora do ICASS, Isabel Urrutia, quen opinou que destinar recursos á tecnoloxía e ao coñecemento para promover a autonomía das persoas é un investimento e “non un gasto”.

Tamén subliñou o esforzo do actual Goberno de España (PP) en promover a autonomía persoal, unha parte da Lei da Dependencia que, segundo dixo, estivo cinco anos “totalmente esquecida”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s