Benestar repartirá as axudas ás entidades da discapacidade segundo a súa representatividade

Reunión do Comité Executivo do CERMI-Galicia coa conselleira, Beatriz Mato. O primeiro pola dereita é José Balboa, presidente de FEGADACE.

Reunión do Comité Executivo do CERMI-Galicia coa conselleira, Beatriz Mato. O primeiro pola dereita é José Balboa, presidente de FEGADACE.

O obxectivo é evitar desaxustes como que as entidades da discapacidade física reciban o 27% dos fondos, a pesar de que representan ao 56%

Información extraída de La Voz de Galicia.

A Consellería de Benestar modificará o criterio para a distribución de axudas ás entidades que traballan coas persoas con algunha discapacidade. A nova repartición dos recursos, que Benestar aplicará “de forma gradual e consensuada” ao longo desta lexislatura, realizarase de acordo coa representatividade real das asociacións dese colectivo. O obxectivo é evitar desaxustes como que as entidades da discapacidade física reciban o 27% dos fondos, a pesar de que representan ao 56%.

A conselleira Beatriz Mato avanzou onte esta modificación ao termo dunha reunión con representantes das entidades de representantes das persoas con discapacidade (CERMI) que presidiu Feijoo. Mato subliñou que este novo marco de colaboración permitirá manter o financiamento para esas asociacións “nun momento especialmente difícil”. Así, esas entidades percibirán no 2013 o mesmo importe que Benestar distribuíu nos convenios deste exercicio, isto é, 3 millóns de euros. Esta cifra destínase exclusivamente ao mantemento desas asociacións, e non inclúe o concerto de prazas nin as ordes referidas ao emprego.

Advertisements

One response to “Benestar repartirá as axudas ás entidades da discapacidade segundo a súa representatividade

  1. Pingback: A Consellería de Traballo aumenta en 2013 o aporte do seu convenio con FEGADACE | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s