PREDIF edita unha guía de turismo e lecer accesíbel

Portada da guía.

Portada da guía

PREDIF, a Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física, vén de editar, en 2012, unha guía de turismo accesíbel de todo o estado e titulada ‘Espacios y Actividades de Ocio y Tiempo Libre Accesibles para Todas las Personas’. Predif é unha entidade que agrupa a varias federacións de asociacións de persoas con discapacidade física e traballa a prol da súa normalización social. Conta cun programa de vacacións para persoas con discapacidade e elabora numerosa documentación sobre lecer e turismo accesíbel, entre a que se atopa esta guía.

O documento está estruturado por comunidades autónomas e, dentro delas, por provincias. Indica, en cada unha delas, os museos, roteiros, monumentos, salas de concertos, e outros lugares de interese, que contan con acceso adaptado para persoas con discapacidade.

No caso de Galicia (desde a páxina 667) hai entradas das catro provincias que inclúen desde unha sala de concertos en Santiago ata o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo, pasando polo Teatro Principal de Ourense ou o vigués museo Verbum. As entradas non son demasiadas, pero a información de cada unha delas é moi ampla e detalla exhaustivamente a accesibilidade física, psíquica, visual e auditiva.

A guía pode descargarse premendo nesta ligazón: Espacios y Actividades de Ocio y Tiempo Libre Accesibles para Todas las Personas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s