29.000 organizacións de Acción Social ofrecen apoio a través de 47.667.907 atencións directas

terceirosector

Información da Fundación Luis Vives.

Tras publicar o ‘Anuario del Tercer Sector de Acción Social en España 2010’ e dous anos de traballo, a Fundación Luis Vives, coa colaboración de EDIS e o apoio da Obra Social de Caja Madrid e do Fondo Social Europeo, presenta un novo ‘Anuario del Tercer Sector de Acción Social 2012‘, unha investigación cuantitativa, que mostra os retos e dificultades polos que está pasando o sector. O Anuario sobre o Terceiro Sector Social en España, segundo as entidades que o promoven, pretende ofrecer unha análise de carácter periódico e unha perspectiva lonxitudinal do campo das Organizacións Non Lucrativas (ONL) de Acción Social españolas. O obxectivo da Fundación Luis Vives e a Obra Social de Caja Madrid ao promover este estudo é, xa que logo, achegar información de interese, actualizada, veraz e de carácter independente sobre a Acción Social no noso país.

Algúns datos de interese:

•En 2010 o TSAS empregou uns 17.021,2 millóns de euros para a realización das súas actividades.
•O TSAS supón o 3,5% de todo o mercado de traballo nacional.
•A acción social en España está en mans de mulleres: o 72,2% dos contratos.
•O 54,9% das entidades ofrecen atención directa á cidadanía.

O Terceiro Sector de Acción Social en España (TSAS) está composto por unhas 30.000 organizacións que desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento social e na promoción dos dereitos e a igualdade das persoas. “Trátase dun sector moi enraizado que en 2010 contaba con 950 organizacións máis que en 2008. Unha por cada 1.600 habitantes”, segundo explicou D. Manuel Pérez Yruela, do Instituto de Estudos Sociais Avanzados do Consello Superior de Investigacións Científicas e Director do Foro de Expertos do Anuario, quen tamén apuntou que o sector debe “mellorar a súa xestión e a súa proxección social”.

O aumento do voluntariado e a presenza feminina, trazos distintivos do sector
De 2008 a 2010 o número de xente que traballa no Terceiro Sector aumentou en 106.932 persoas, o que supón un 3,5% total do mercado de traballo (en 2008 representaba un 2,7%). O perfil das persoas contratadas no sector caracterízase ademais por un alto nivel de estudos, preto de dous terzos teñen estudos universitarios. A presenza de persoas voluntarias tamén determina ao Terceiro Sector de Acción Social, habendo en 2010 aproximadamente 1.075.414 persoas voluntarias. O voluntariado é predominantemente feminino (64,4%) e novo (o 76,9% menor de 35 anos).

Retos e oportunidades
O alto grao de dependencia económica do TSAS do sector público segue sendo o trazo que máis preocupa a este sector, pois máis do 92% de entidades recorren ao financiamento público. A adaptación do sector ao novo contexto, a súa autonomía financeira e a súa dependencia económica forman parte dos principais retos aos que se enfronta o sector na actualidade. “A xenerosidade social non é suficiente para garantir a supervivencia do sector. Os españois son moi xenerosos en momentos puntuais, pero isto non serve para lograr un sector sostible”, apuntou Pérez Yruela. D. Javier Giménez, Director da publicación e representante de EDIS (Equipo de Investigación Sociolóxica), ademais do financiamento, sinalou outros retos para as ONL: “lograr un discurso único; xerar complicidade social e ser precursor do diálogo civil entre actores; ser capaz de medir o valor social que achega á vez que deseña un mapa do propio sector e conseguir pór en valor o que o fai diferente como o ser non lucrativo ou ter profesionais moi preparados e motivados.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s