A SD Compostela recibe do Concello o trofeo do partido solidario deste sábado

Imaxe do acto de entrega. José Balboa, presidente de FEGADACE, é o cuarto desde a esquerda.

Imaxe do acto de entrega. José Balboa, presidente de Sarela e de FEGADACE, é o cuarto desde a esquerda.

O presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro, os membros do comité organizador dos actos do 50º aniversario, Ramón Castro e Suso Míguez, e os representantes das sete asociacións participantes no encontro solidario (COGAMI, Down Compostela, Feafes, Xuntos Podemos, Fundación Andrea, Sarela e Proxecto Home) recolleron esta mañá no Concello o trofeo do partido benéfico deste sábado.
O alcalde da cidade, Anxo Currás, entregou o galardón á directiva do club. Unha copa que irá destinada ao ganador do encontro que disputará a SD Compostela contra un combinado de xogadores galegos co obxecto de recaudar fondos para as entidades benéficas participantes (sábado, 29 decembro, 16.30 horas en San Lázaro). “Espero que este trofeo quede en Santiago e pase a formar parte da colección de premios do club blanquiazul”, sinalou Currás.
“Animo a todos os santiagueses a que asistan a esta cita solidaria, para festexar os 50 anos dun dos clubs máis representativos da cidade e, ao mesmo tempo, contribuír coa nosa axuda ao importante labor que desempeña cada unha das asociacións”, engadiu o máximo dirixente de Santiago.
As entradas para este partido xa están á venda en diversos establecementos da cidade (consultar aquí) e nas oficinas da SD Compostela en San Lázaro. O prezo marcado é de cinco euros. Ademais abriuse unha fila cero co número de conta 2080 0300 88 3040 152961 para que se poidan sumar achegas.
Ao final desta semana darase a coñecer a lista de xogadores, pertencentes ás categorías de fútbol nacional, desde Primeira a Terceira División, que formarán o combinado galego que dirixirá Fernando Vázquez.

Chamamento aos membros do club
O Compostela anima a todas as persoas que nalgún momento formaron parte do club santiagués, desde técnicos a colaboradores, a que asistan este sábado a San Lázaro para apoiar coa súa presenza esta importante iniciativa.
O sábado será un día de festa para todo o compostelanismo e para o fútbol galego. Con este acto, o Compos poñerá prácticamente o punto e final aos eventos organizados para conmemorar os seus 50 anos de existencia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s