A dependencia perde outros 200 millóns para 2013

canterapeutico

Os orzamentos do Estado reflicten a rebaixa das axudas aos usuarios decretada en xullo

Sanidade debe pagar á Seguridade Social 1.034 millóns polas cotizacións dos cuidadores

Información extraída de El País.

O anteproxecto de orzamentos para dependencia sofre outro severo recorte para o ano que vén. A partida destinada ás comunidades autónomas, é dicir, o que o Goberno financia por cada dependente, perde 200 millóns e queda en 1.087, segundo os documentos aos que tivo acceso este xornal. O orzamento reflicte así o recorte que se decretou en xullo de ao redor dun 15% nas cantidades que perciben os dependentes polo chamado nivel mínimo.

Só para atender ás persoas que hai actualmente no sistema necesitaríase sumar a eses 1.087 millóns uns 300 máis, segundo cálculos dos expertos. Pero é que, ademais, no orzamento, o Ministerio de Sanidade estima que en 2013 o número de dependentes atendidos crecerá ata os 850.000. De ser así, precisaríanse outros 200 millóns máis, en cifras redondas.

As comunidades autónomas recibiron con enfado aquel decreto de xullo, que afogaba aínda máis as súas arcas para sacar adiante o sistema de dependencia. E han ir rebaixando nun 15% ou máis o diñeiro que reciben os cuidadores familiares, un aforro que, en principio, destinaríase a conceder máis axudas profesionais, é dicir, prazas en residencias, en centros de día ou axuda a domicilio. Pero as estatísticas do sistema, en número negativos, demostran que pouco ou nada se está facendo porque non hai diñeiro para iso. Este orzamento colapsará aínda máis a situación.

O ano pasado o programa da dependencia (31.34) tivo un orzamento de 1.407 millóns de euros, do que se eliminaron uns 283 millóns, unha partida completa, a do nivel acordado. O proxecto para este ano elévase ata 2.205 millóns. Non hai que levarse a engano. Desa cifra hai que descontar 1.034 millóns, que é a débeda contraída por Sanidade coa Seguridade Social en todos estes anos nos que se fixo cargo das cotizacións dos cuidadores familiares. Pero non se foron pagando. O ministerio anunciou en xullo que o Goberno xa non pagaría esas cotas e que as persoas que coidan a anciáns en casa deberían abonalas pola súa conta de forma voluntaria. Pero a débeda acumulada durante estes anos hai que pagala. Así o admitiu o secretario de Estado de Servizos Sociais, Juan Manuel Moreno, nunha recente reunión privada con empresarios do sector, onde se mostrou “realista” coa mala situación económica, segundo os presentes naquela reunión.

Xa que logo, o orzamento total para a dependencia perde eses 200 millóns. “Se estes son os datos para 2013, tememos que existe unha demolición controlada da Lei de Dependencia que afectará a unha redución no número de beneficiarios, á calidade das atencións, ao predominio da prestación máis barata, que é a do cuidador familiar e, por conseguinte, ao desmantelamento da rede de centros e servizos co efecto directo na destrución de emprego no sector”, dixo o presidente da Asociación de Directoras e Xerentes en Servizos Sociais, José Manuel Ramírez. “O afirmado polo ministro de Economía, [Luís de Guindos, cando dixo que de seguir a situación actual os servizos sociais non poderían pagarse] vai camiño de facerse realidade”, lamentou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s