Nace unha web que reúne obras de cine de discapacidade

cineydiscapacidad

O proxecto de creación do Portal Web www.cineydiscapacidad.com é unha iniciativa de dúas organizacións: Cocemfe León e a Asociación Cultural Mi Retina me Engaña

Información extraída de Socialia.

A Federación Provincial de Personas con Discapacidad Física u Orgánica de León – Cocemfe León é unha organización sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, e con sé en Ponferrada, creada para promover e defender a mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade física ou orgánica, tendo entre os seus obxectivos a sensibilización, promoción e difusión da discapacidade na sociedade.

A Asociación Cultural Mi Retina me Engaña é unha organización sen ánimo de lucro, de ámbito rexional, e con sé en Ponferrada, creada para promover actividades relacionadas coa arte audiovisual (cine, vídeo, televisión e multimedia) e fomentar a afección ás diversas manifestacións vinculadas con este sector cultural.

Hoxe en día, é moi relevante a influencia que teñen os medios audiovisuais na configuración de imaxes sociais na poboación grazas ao seu papel sensibilizador fronte aos problemas que sofren as persoas con discapacidade. Tamén é un recurso didáctico para formar ás persoas normalizadas desde unha formulación reflexiva e crítica coas nosas necesidades.

Coa creación dun portal Web destas características, pretendemos promocionar e difundir a creación orixinal de contidos audiovisuais relacionados coa discapacidade, e utilizalo non só como unha ferramenta de comunicación, sensibilización e educación, senín tamén como un instrumento para fomentar o dereito á igualdade de oportunidades, a non discriminación e a accesibilidade das persoas con discapacidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s