A Defensora del Pueblo espera que os recortes na Lei de Dependencia “sexan temporais”

Soledad Becerril, Defensora del Pueblo

Soledad Becerril, Defensora del Pueblo

Información extraída do CERMI.

A Defensora del pueblo, Soledad Becerril, afirma que “é de esperar” que os recortes efectuados na Lei de Promoción de Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia sexan “temporais” porque, segundo asegura, “a dependencia é o cuarto alicerce da sociedade do benestar e agora os efectos da crise están freando o avance”.

Así o destaca nunha entrevista concedida no número 61 do xornal ‘cermi.es semanal‘, órgano de expresión do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidad (CERMI).

Para Becerril, as persoas con discapacidade son un colectivo “moi prexudicado” coa crise, polas reducións nas axudas ou pola dificultade na aplicación da Lei. Segundo afirma, a crise fixo aumentar o número de reclamacións das persoas con discapacidade ante a Defensora del Pueblo, “fundamentalmente relacionadas con dereitos recoñecidos por esta Lei, que, por dificultades económicas polas que pasa o país, sofren atrasos, recortes ou dificultades para a súa aplicación”. “Esperemos que só sexa temporalmente”, incide.

Con respecto ás últimas modificacións da Lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia, que inclúe unha redución do 15% da prestación por cuidador familiar, confirma que, ante a posibilidade de recorrelo ante o Tribunal Constitucional, estudáronse detidamente os argumentos suscitados polos solicitantes, entidades e particulares, e se dictou unha resolución, cunha serie de recomendacións, que aínda non han ter resposta.

Así, expón que non se presentou este recurso porque é necesario considerar a liberdade do lexislador para modular a acción protectora do sistema, “principio consagrado polo Tribunal Constitucional”.

En canto ás súas prioridades en materia de discapacidade, destaca que lle gustaría lograr a “plena” aplicación da Convención da ONU. “É importante seguir loitando pola eliminación das barreiras, non só arquitectónicas, tamén as sensoriais e as de comunicación, é dicir, tratar de facilitar a accesibilidad máis ampla”, sinala.

“É necesario corrixir a desigualdade”, asevera. Neste sentido, a Defensora del Pueblo aposta por establecer medidas de apoio a favor das persoas con discapacidade para incrementar o seu acceso ao mundo laboral, ao mesmo tempo que, en relación ás mulleres con discapacidade, admite que antes eran invisibles, pero que, agora, cada vez, fanse máis presentes na sociedade, xa que, explica, “vanse reducindo as dificultades da súa incorporación á vida académica e laboral e aumentando a súa visibilidade”. “Pero aínda falta moito”, advirte.

O CERMI é a plataforma unitaria estatal de representación das persoas con discapacidade que na sociedade civil engloba a máis de 7.000 asociacións e entidades, que traballa para lograr unha inclusión plena dunha realidade presente no 10% da poboación, os máis de catro millóns de persoas con discapacidad que hai en España. O seu obxectivo é conseguir o recoñecemento dos dereitos e a plena cidadanía e a igualdade de oportunidades deste grupo social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s