O emprego de discapacitados mantense en 2012 grazas á iniciativa social

Traballadores no centro especial de emprego para persoas discapacitadas de Lantegi Batuak en Ola, Sondika (Biscaia).

Traballadores no centro especial de emprego para persoas discapacitadas de Lantegi Batuak en Ola, Sondika (Biscaia).

Só 55.800 persoas deste colectivo conseguiron emprego este ano, un 1,4% menos que en 2011. A súa taxa de emprego está 40 puntos por baixo do resto da poboación

Información extraída de El País.

As persoas con discapacidade que conseguiron emprego en 2012 ascenden a 55.800, un 1,4 menos que o ano anterior. Pero ademais, a taxa de emprego deste colectivo non caeu máis grazas aos contratos realizados polos denominados Centros Especiais de Emprego, promovidos por asociacións, fundacións e entidades vinculadas ao movemento asociativo de persoas con discapacidade. Do total de contratos realizados no ano que acaba, 38.872 realizáronos estes centros, unha cifra que ademais creceu un 2,6% respecto de 2011. En España hai 1.900 Centros Especiais de Emprego. Todos teñen polo menos un 70% do persoal con algunha discapacidade e neles traballan 64.000 persoas deste colectivo.

Na actualidade, teñen traballo e España 337.300 persoas con discapacidade, das cales case o 60% son homes. A inmensa maioría deles traballan no sector servizos (83%). “O 77% destas persoas estudan só ata a secundaria obrigatoria ou a FP, mentres que no resto da poboación esta porcentaxe é o 66%. É un problema engadido, xa que a maior nivel de estudos é máis fácil atopar un emprego”, destaca a directora de Emprego, Formación e Proxectos da Fundación ONCE, Sabina Lobato. “Se non fóra polo traballo xerado nos centros especiais, que funcionan como un colchón de seguridade para este colectivo, a creación de emprego destas persoas caería un 9,2% este ano”, afirma Lobato.

A Fundación ONCE promove moitos dos empregos para discapacitados que se xeran en España. En 2012, contribuíu a crear máis de 4.100 empregos para eles. O seu programa estrela para a integración laboral destas persoas é FSC Inserta. Este conta á súa vez cunha iniciativa para a loita contra a discriminación, en marcha desde 2007, grazas á cal se realizaron 16.000 contratos desde 2009. Este programa, coñecido como Por Talento, que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e que se iniciou fai once anos, permitiu a creación dun total de 35.000 empregos para discapacitados. Na bolsa de traballo de FSC Inserta están inscritas 166.000 persoas.

Aínda así, ese número é moi inferior ao de 1,2 millóns de individuos en idade laboral que, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), contan cun certificado de discapacidade. Deles, 461.600 están laboralmente activos (é dicir, ben traballan ou ben están buscando emprego de forma activa) e o 76,7% das mesmas (337.300), están ocupadas. A taxa de actividade deste grupo de poboación é do 36,6%, máis de corenta puntos por baixo da das persoas sen discapacidade (que é do 76,4%). Respecto ao tipo de traballo que realizan neste colectivo, o 89% son asalariados, a maioría con contrato indefinido.
Integración e independencia

Un total de 49 empresas acolléronse xa ao Programa Inserta da Fundación ONCE. No último ano uníronse, por exemplo, o Grupo Pelayo, Accenture, Alentis, Orizonia, o Grupo DIA, Acciona e o Grupo Leche Pascual. O cálculo é que estes acordos supoñerán a creación de 1.390 postos de traballo. Para as persoas con discapacidade, o emprego é fundamental para a súa integración social, ademais de para o seu acceso a unha vida independente. Precisamente a formación deste colectivo para mellorar as súas condicións de empregabilidade é outro dos aspectos nos que está centrado o programa Inserta. Aos seus cursos de formación accederon xa 21.000 persoas desde 2009, e no ano que agora conclúe fixéronos 4.300 persoas discapacitadas.

A fotografía da discapacidade en España que plasman os datos da Enquisa sobre Discapacidade, Autonomía persoal e situacións de Dependencia 2008, do Instituto Nacional de Estatística, reflexa que hai 3,8 millóns españois con discapacidade. Aínda que se calcula que nos anos transcorridos desde entón esta cifra pode superar os catro millóns de persoas, o que representa o 10% da poboación. Estímase que nun de cada catro fogares dáse unha situación de discapacidade.

A iniciativa televisiva Capacitados, unha serie que se emitiu en La 2 de TVE e que acaba de concluír, pretendía ensinar a realidade na que vive este colectivo cada día e demostrar aos empresarios que cunha discapacidade é posible desempeñar ben un traballo. Tres directivos de grandes empresas (Marcos de Quinto, presidente de Coca Cola Ibérica; María Garaña, presidenta de Microsoft España, e Ferrán Adrià, chef e copropietario de El Bulli) viviron unha xornada na pel dunha persoa con discapacidade no programa Capacitados. Este Nadal, os tres mandaron en total 6.350 cartas asinadas a directivos empresariais pedíndolles “unha maior sensibilización coa contratación” destas persoas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s