Iniciada a tramitación da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social

onu

Información extraída do CERMI.

A Comisión Permanente do Consello Nacional da Discapacidade coñeceu hoxe o borrador de real decreto lexislativo polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, futura norma legal que harmonizará a normativa global estatal en materia de discapacidade en España.

O borrador, presentado polo ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, comeza así a súa tramitación formal, no que se solicitarán as achegas e suxestións de distintas instancias, entre elas, as do movemento asociativo das persoas con discapacidade e as súas familias, que poderán participar suscitando as súas propostas e observacións de mellora.

A futura norma legal, que ten que ser aprobada polo Goberno antes de finais de 2013, refundirá nun único texto legal as tres leis xenéricas de discapacidade vixentes en España, que son a Lei de Integración Social dos “Minusválidos” (sic), a Lei de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade e a Lei pola que se establece o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

A nova normativa refundida deberá adecuarse ao enfoque da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, asinada e ratificada por España e plenamente vixente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s