Valencia acolle a Conferencia sobre Avances en Neuro Rehabilitación ICRAN 2013

A ICRAN celébrase na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia.

A ICRAN celébrase na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia.

 

O vindeiro mes de marzo celébrase en Valencia a International Conference on Recent Advances in Neurorehabilitation (ICRAN 2013), dirixida a clínicos e técnicos do ámbito da neurorrehabilitación. Será os días 7 e 8 de marzo na Ciutat de Les Arts i Les Ciències.

Está previsto que participen en ICRAN profesionais de primeiro nivel, como o Premio Príncipe de Asturias Giacomo Rizzolatti, o presidente da IBIA (International Brain Injury Association), David Arciniegas, ou o presidente de la INS (International Neuropsychological Society), Erin Bigler. Nas dúas xornadas do congreso vaise falar de realidade virtual aplicada á neurorrehabilitación, rehabilitación cognitiva, aplicacións da robótica, e outros aspectos que se poden consultar no programa de ICRAN.

Este encontro está organizado por LabHuman (Laboratorio de Tecnoloxías Centradas no Humano da Universidade Politécnica de Valencia), Hospitales Nisa e a Cátedra Santiago Grisolía, co apoio do Ministerio de Economía, a Universidade Politécnica de Valencia e a Generalitat Valenciana. ICRAN está pensado para dar continuidade ao primeiro Simposio Internacional de Neurorrehabilitación, celebrado hai catro anos, no que se falou de avances en robótica ou rehabilitación virtual que hoxe son xa unha realidade.

O envío de comunicacións e a inscrición pódense facer a través da páxina web da conferencia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s