2012 péchase con máis de 230.000 persoas no ‘limbo da dependencia’

dependencia

Segundo datos difundidos polo Ministerio

Segue sendo un dos principais problemas do SAAD

Información extraída de Redacción Médica.

O ‘limbo da dependencia’, é dicir, o número de persoas con dereito recoñecido a recibir unha prestación pero que non a reciben, superou a 30 de novembro de 2012 as 230.000 persoas, segundo se desprende dos datos oficiais publicados polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Este dato supón un importante descenso en relación co limbo existente a comezos de 2012, que segundo cálculos da Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais situábase por riba de 305.000 persoas.

Así, e pese a que os datos do ministerio reflicten que en novembro de 2012 contabilizábase un “crecemento neto” de 18.944 persoas beneficiarias de prestacións, alcanzando as 770.949, o número de persoas que non reciben prestación segue sendo un dos grandes debes do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD). Segundo estes datos, ao longo de 2012 houbo 129.847 novos beneficiarios, pero tamén se deron de baixa 110.903 persoas debido a causas administrativas ou falecementos.

En términos xerais, as persoas con dereito a prestación alcanzaron a cifra de 1.001.846 en novembro de 2012. Segundo explicou a Redacción Médica o presidente da Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, José Manuel Ramírez, “esta rebaixa do limbo é certa, pero esconde unha lectura negativa”, e é que se fixo a costa de “menos persoas con dereito a prestación, ao que hai que sumar os moderados que saíron do sistema e os falecidos ao longo do ano”. En resumo, e segundo os datos aportados por Ramírez, a 1 de decembro de 2011 había 1.057.946 persoas con dereito recoñecido a unha prestación, o que significa un descenso de máis de 50.000 persoas nesta estatística.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s