Este sábado preséntase a Marea Laranxa galega en Compostela

marealaranxa

Este sábado, día 19 de xaneiro, preséntase en Santiago de Compostela a Marea Laranxa galega. Este colectivo nace da preocupación dos e das profesionais do traballo social polos recortes nese ámbito, e da vontade de protesta contra os mesmos. A presentación vaise celebrar na sede do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Rúa Lisboa, 20, baixo C), en Santiago.

A Marea Laranxa xorde en Aragón como unha organización cidadá encabezada inicialmente polo colectivo de profesionais do social para protestar contra os recortes dos gobernos central e autonómico. Pronto se estendeu para outras comunidades autónomas en idéntica problemática. Téñense adherido á Marea Laranxa profesionais, entidades sociais, colexios profesionais e todo tipo de colectivos dos servizos sociais, dependencia, discapacidade…

En Galicia levan tempo manifestándose a favor do avance dos servizos públicos e participando en concentracións e manifestacións en contra dos recortes. Ademais, xa se presentaron nas cidades de Pontevedra e Ourense. Con esta nova presentación pretenden visibilizar o seu rexeitamento ás políticas de recortes, e estender entre o conxunto da sociedade as súas reivindicacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s