ASPACE, DOWN España, Autismo España, FEAFES e FEDACE suman esforzo para fortalecer as súas accións

acordo

Información da páxina web da Confederación ASPACE.

Confederación ASPACE, DOWN España, Autismo España, FEAFES e FEDACE reuníronse o pasado mércores 16 de xaneiro para fixar estratexias comúns que fortalezan ás cinco entidades fronte á crise económica que vive o país desde 2008, e fronte ao recorte de dereitos e servizos que está vivindo o movemento da discapacidade desde os poderes lexislativo e executivo.

Durante a reunión abordouse a elaboración dunha Estratexia de Converxencia asociativa para as diferentes organizacións, a reivindicación dos modelos de atención especializada por tipos específicos de discapacidade ou a valoración de diferentes actuacións ou iniciativas conxuntas.

Doutra banda, púxose de manifesto a situación actual de escaseza de recursos económicos e a necesidade de manter as vías de financiamento existentes, así como de mellorar os fundamentos e criterios de repartos nas subvencións do IRPF -Réxime xeral- na área de discapacidade (Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais).

A reunión acordou a necesidade de concretar unha visión compartida (en temas comúns aos nosos intereses), definir estratexias e concretar un plan de accións para todas as nosas organizacións, así como planificar unha estratexia de comunicación de face a que as nosas entidades autonómicas se coordinen ou aumenten a súa relación.

Está previsto que no mes de febreiro se realice outra reunión para seguir debatendo a estratexia de converxencia e que, de agora en diante, estes encontros teñan carácter bimensual.

A sé central de DOWN España en Madrid foi o lugar de encontro onde se deron cita Jaume Mari, presidente de Confederación ASPACE; José Fabián Cámara, presidente de DOWN España; Antonio de la Iglesia, presidente de AUTISMO España, e José Mª Sánchez, presidente de FEAFES. Á reunión tamén asistiron Andrés Castelló, xerente de Confederación ASPACE; Valeriano García, xerente de FEDACE e Agustín Matía de DOWN España.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s