Cada ano prodúcense en España uns 100.000 accidentes cerebro vasculares

cerebro

Segundo o estudo Iberictus, da Sociedade Española de Neuroloxía

Información extraída de Europa Press.

Cada ano prodúcense en España uns 100.000 casos de accidentes cerebrovasculares, o que supón 187 por cada 100.000 habitantes, tal e como evidencia o estudo ‘Iberictus’, que realizou o Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) e que presentou na súa LXIV Reunión Anual.

Este traballo epidemiolóxico nacional, publicado na revista ‘Cerebrovascular Diseases’ e iniciado fai sete anos, recolleu os casos de ictus atendidos nos centros sanitarios de Lugo, Segovia, Toledo, Almería e Palma de Mallorca.

Todos os casos detectados neles foron revisados por neurólogos e estudados por neuroimaxe, o que “permitiu a súa apropiada clasificación”, explica o coordinador do Comité Científico do estudo, o doutor Jaime Díaz Guzmán.

Grazas a iso, púidose constatar que existe unha maior incidencia en homes que en mulleres. Ademais, coñécese que a incidencia dos ataques isquémicos transitorios rolda os 30 casos por 100.000 habitantes, mentres que a do ictus estaría en 150 casos por 100.000 habitantes.

Por outra banda, de todos os casos diagnosticados de ictus, o estudo ‘Iberictus’ reflectiu que o 80 por cento son de natureza isquémica, mentres que o 20 por cento restante son hemorráxicos. A explicación aos primeiros atópana os expertos con maior frecuencia “na aterotrombosis ou noutras enfermidades cardiacas capaces de xerar embolias”.

Para Díaz Guzmán, o feito de que estas cifras aumenten coa idade é “de especial importancia” en España, xa que ten unha pirámide demográfica “marcada por un progresivo e rechamante envellecemento poblacional”. Debido a iso, sostén que é “esperable” que, nun futuro próximo, se produza un agravamento “deste xa importante problema de saúde pública”.

Na actualidade, as enfermidades cerebrovasculares “supoñen en España a primeira causa de morte nas mulleres” e a segunda en homes, indica. Ademais, “significan a primeira causa de discapacidade adquirida na vida adulta”, conclúe o especialista da SEN.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s