A Fundación Instituto San José organiza unhas xornadas de DCA sobre a rehabilitación

Páxina web das xornadas

Páxina web das xornadas

Os días 11 e 12 de marzo celébranse en Madrid as II Xornadas Científicas de Dano Cerebral da Fundación Instituto San José, baixo o título ‘Aprendiendo a vivir’. O lema recolle o que está previsto que sexa o tema principal do encontro: a rehabilitación. Preténdese que o conxunto de ponentes comparta a súa experiencia e traballo sobre o diagnóstico, a investigación, cuestións éticas, ou o apoio a familiares.

As xornadas van ter dúas sedes. O primeiro día, o 11 de marzo, serán no Caixa Forum Madrid (no Paseo do Prado). O día 12 serán nas instalacións da Fundación Instituto San José, tamén en Madrid. A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) participa na organización como colaboradora, o que facilita un importante desconto para os seus membros na inscrición. O prezo baixa aínda máis se a matrícula se formaliza antes do 11 de febreiro. Custa 95 euros antes desa data, e 125 despois. O prezo normal son 190 e 250 euros, respectivamente. Pódese tramitar a través de internet: inscrición.

O programa das xorónadas comeza cunha conferencia inaugural e un debate sobre a definición exacta do que é o dano cerebral adquirido, no que especialistas de diferentes disciplinas abordarán esta lesión e as súas características. Tamén haberá ponencias sobre a fase hospitalaria, a fase subaguda e o apoio na rehabilitación, tanto para o paciente como para a familia. Está prevista unha sesión de Cine Forum sobre o filme ‘Morir sin Morir’, e tamén haberá diferentes obradoiros na mañá do día 12. O programa completo está disponíbel aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s