Xustiza gratuíta: como afectará a nova lei ás persoas con discapacidade?

xustiza

Información extraída de Autismo Galicia.

O pasado venres, o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto para a nova de lei de xustiza gratuíta con cambios que afectan directamente á situación das persoas con discapacidade. Algúns aspectos como a elevación do umbral de renda para acceder á xustiza gratuíta son positivos, pero o CERMI sinala que outros aspectos supoñen un retroceso con respecto ás condicións actuais.

Un dos casos que recoñecen as leis á hora de prestar a xustiza gratuíta é a falta de medios económicos. Na actualidade, o límite de renda para acceder á xustiza gratuíta é de catro veces o salario mínimo interprofesional (29.821 euros anuais), mentres que no caso de se aprobar esta nova lei, pasaría a ser cinco veces o IPREM (31.950,65 euros anuais). Isto supón que algunhas persoas que agora rebasan o límite, poderían beneficiarse no futuro da gratuidade.

O CERMI recoñece estas melloras no anteproxecto; sen embargo, denuncia que para as persoas que cumpran os criterios económicos, redúcense os supostos de preitos que cubre a xustiza gratuíta. Ata agora, a persoa que tivera unha discapacidade e non superase o umbral de renda, podía beneficiarse da gratuidade en calquera tipo de preito pero, coa aprobación da nova lei, aínda que non rebase o límite, só poderá obter a gratuidade se o preito está relacionado coa súa discapacidade.

Así mesmo, a nova lei recoñecería a gratuidade nos litixios para as persoas con discapacidade “psíquica” que sexan víctimas de abuso ou maltrato, un termo ao que se opón o Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade. O CERMI propón ao Ministerio de Xustiza que substitúa este termo polo de “discapacidade de especial protección” para incluír a todas as persoas con discapacidade intelectual ou enfermidades mentais, baseándose ademais en que o propio Ministerio xa aceptou esta denominación nunha ocasión anterior.

A demanda principal do CERMI céntrase en que ás persoas con discapacidade non se lles limite a gratuidade da xustiza exclusivamente aos casos nos que sufran abusos ou maltratos, senón que se aplique a calquera litixio que comecen tal como se establece na actualidade.

Qué inclúe a xustiza gratuita?

-o asesoramento previo
-a asistencia e defensa por parte dun avogado durante o proceso
-a exención dos depósitos necesarios para facer recursos
-a asistencia pericial
-as copias, actas ou testemuños de forma gratuita
-a inserción de anuncios obrigatorios de forma gratuita
-unha reducción do 80% nos aranceis de rexistros e notarios sempre que estean relacionados co proceso

A solicitude da xustiza gratuita pode facerse no xulgado ou no colexio de avogados mais próximo ao lugar de residencia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s