O curso de dano cerebral reúne a máis de corenta persoas en Lugo

lucus

Onte rematou o curso que Adace e FEGADACE organizaron en Lugo colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas. Repartido en dous obradoiros que se celebraron o luns e onte, mércores, reuniu máis de vinte persoas cada día, ata sumar un total de 43. Vanesa Mariño, directora de Adace Lugo, valora “moi positivamente” o curso, especialmente porque houbo “moita participación” por parte dos e das asistentes.

Este encontro estivo centrado no papel de coidadores e coidadoras de persoas con dano cerebral. Asistiron varias persoas afectadas e familiares, membros de Adace-Lugo, profesionais da rehabilitación e os servizos sociais, e coidadoras. O público, especialmente no caso de familiares e coidadores, valorou moi positivamente a recepción de recomendacións útiles para a súa vida diaria e a atención á persoa con DCA.

A primeira xornada celebrouse o ‘Obradoiro para coidadores de persoas con dano cerebral adquirido’. A directora de Adace, Vanesa Mariño, comezou a súa intervención sobre ‘Información e Orientación dende o traballo social’ repasando as claves para a prevención do ictus, e continuou aportando, en resposta ás “moitas preguntas” do público, todo tipo de consellos e recomendacións sobre axudas, medidas a tomar no hospital, á saída do mesmo, etc. Na parte sobre o ‘Apoio rehabilitador e tarefas do coidador principal’ as intervencións tamén foron moi prácticas e estiveron centradas en aportar recomendacións desde o punto de vista da fisioterapia (Juan José Eiroa Bermúdez), psicoloxía (Luisa López) e logopedia (Sabela Veiga).

O obradoiro de onte, ‘Do domicilio ao ámbito social no dano cerebral adquirido’, seguiu a mesma liña práctica. A terapeuta ocupacional de Adace, Almudena Almeida, respostou moitas preguntas sobre técnicas para aplicar nas casas, proporcionando información sobre como perfeccionar e facilitar os coidados no fogar. Para Vanesa Mariño, as familias “están moi familiarizadas co DCA”, pero teñen unha gran “falta de coñecementos” sobre as súas propias necesidades, precisando “moitas recomendadicións” que parten dos casos que lles formulan as propias terapeutas.

O curso rematou coa intervención do psicólogo clínico do CHUAC Javier Sardiña, sobre ‘O síndrome Burn-out nos coidadores principais. Pautas para afrontalo’. Empregou o mesmo esquema baseado en poñer exemplos recoñecíbeis e casos prácticos, e traballar desde eles nas pautas para vencer o estrés do coidador.

Á espera de repetir esta experiencia, que desde FEGADACE e Adace se xulga moi positiva, a asociación lucense amosa unha gran satisfacción polas cifras de asistencia e “pola participación”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s