Cruz Vermella consegue 700 euros para mercar unha cama articulada a un vigués con dano cerebral

agoramaisquenunca

A Cruz Vermella Galicia recaudou, nunha fin de semana, os 700 euros necesarios para mercar unha cama articulada e un colchón antiescaras para Salustiano, unha persoa con dano cerebral de Vigo e asociada a Alento. Cruz Vermella lanzou, na tarde do venres, o proxecto ‘Agora + que nunca’, destinado á consecución de fondos e á donación de obxectos para persoas especialmente afectadas pola crise, que se estreou co caso de Salus. A primeira hora desta mañá confirmouse se superaron os 700 euros en donacións e que Salus poderá obter a súa nova cama.

‘Agora + que nunca’ é un proxecto de microdonacións a través de internet. O equipo de Cruz Vermella detecta casos de persoas en situación de necesidade que se presentan na web en forma de ‘retos’. Casos como o de Salustiano, que precisa unha cama articulada valorada en case 700 euros, e cuxos ingresos familiares mensais rondan esa cifra, preséntanse publicamente para que todo o mundo poida facer pequenas aportacións coas que conseguir o obxectivo. As aportacións pódense facer na medida das posibilidades de cada quen, desde un euro.

A iniciativa presentouse o venres na Coruña en rolda de prensa, e lanzouse co caso de Salustiano. Este sufriu un ictus no ano 2000 que lle impide seguir no seu emprego, e que obrigou á súa muller a deixar, tamén, de traballar. Os ingresos familiares limítanse a unha pensión moi reducida, insuficiente para mercar a cama articulada e o colchón antiescaras que precisa. Desde a asociación de dano cerebral de Vigo, Alento, chamaron a atención sobre a necesidade de Salustiano, e Cruz Vermella decidiu estrear o seu proxecto de microdonacións con este caso. Coa cama as dores de costas de Salustiano, que está practicamente encamado, vanse reducir; e tamén o farán as dificultades da súa muller para cambialo de postura e atendelo.

‘Agora + que nunca’ conta tamén cun apartado de intercambio e donación de obxectos, que tamén aparece na mesma páxina web. Con esta iniciativa, a oficina galega da Cruz Vermella pretende contribuír a paliar os efectos da crise entre as persoas con máis vulnerabilidade económica.

Advertisements

One response to “Cruz Vermella consegue 700 euros para mercar unha cama articulada a un vigués con dano cerebral

  1. Pingback: Unha persoa con dano cerebral da Coruña precisa unha tablet para comunicarse | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s