6º Foro Galego de Solidariedade: ‘O traballo en rede e a substentabilidade do terceiro sector’

solidariedade

Información extraída de Voluntariado Galego.

O xoves, 28 de febreiro, celebrarase en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública – EGAP (Rua Madrid, 2-4; Fontiñas), o sexto Foro Galego de Solidariedade sobre ‘O traballo en rede e a substentabilidade do terceiro sector’

O horario da xornada será de 10:00 a 14:00h.

O Programa Foros Galegos de Solidariedade (FGS) é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia que quere converterse nun espazo de encontro e interacción dos axentes de participación social e voluntariado en Galicia. Quere estimular a reflexión e o debate. Quere propiciar a construción de conclusións compartidas sobre aspectos cruciais para o desenvolvemento da acción das entidades sociais e solidarias en Galicia.
Este foro será un lugar de encontro privilexiado para persoas que participan no terceiro sector de acción social de Galicia, persoas beneficiarias da súa acción social, políticos e persoal da administración do ámbito do benestar social, e outros axentes sociais interesados en participar nun diálogo de reflexión sobre o valor que aporta o terceiro sector na sociedade.
Como resultado do traballo participativo editarase un documento que achegue o proceso e as conclusións do traballo desenvolvido ás persoas que non puideran participar no encontro presencial.

En breve colgarase o programa da xornada en Voluntariado Galego.

Todo aquel que esté interesado en participar neste foro debe cumplimentar o seguinte Formulario de inscrición.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s