O gasto medio por discapacidade nos fogares ascende a 3.000 euros anuais

discapacidace

600.000 persoas discapacitadas viven soas

Segundo a Unión de Asociacións Familiares (UNAF)

Información extraída de Europa Press.

O gasto medio por discapacidade en cada fogar español ascende a uns 3.000 euros anuais, unha cifra “moi elevada” en relación aos recursos económicos de que dispoñen eses fogares. Esta é unha das conclusións á que chegaron os participantes no II Congreso de Familias organizado pola Unión de Asociacións Familiares (UNAF).

O profesor de Socioloxía da Universidade de Salamanca, Agustín Huete, sinalou que en España existen un total de 4 millóns de persoas discapacitadas, un 10 por cento da poboación, e remarcou que un 10 por cento do gasto nos fogares diríxese a asistencia técnica e persoal.

Pola súa banda, a comisionada do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidad (CERMI) e nai dun mozo con autismo, Isabel Bayonas, subliñou que se debe “potenciar moito máis a investigación” e advertiu de que “faltan aínda servizos adecuados para as persoas adultas con autismo” de face ao futuro, cando os pais xa non poidan atendelos.

Así mesmo, indicou que “falta máis información á sociedade e ás administracións públicas, para que coñezan ás persoas con autismo e as súas necesidades, e axuden a que os familiares se sintan apoiados e atendidos”.

Nesta liña, a presidenta de UNAF, Julia Pérez, alertou de que “aínda persisten discriminacións cara as persoas con discapacidade, polo que é necesario o apoio da Administración para acabar coas barreiras coas que se atopan”.

Segundo os datos aportados no Congreso, nun de cada cinco fogares españois vive unha persoa con discapacidad e case 900.000 fogares están compostos só por discapacitados. Ademais, máis de 600.000 persoas discapacitadas viven soas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s